Saliento que hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, avaliou os 100 primeiros días de Goberno da X Lexislatura coa ilusión
renovada e coa mirada posta nunha Galicia máis estable, máis social, máis
próspera e máis sustentable.
Da conta a web da Xunta que “durante o encontro de
traballo cos membros do Goberno, secretarios e directores xerais, Feijóo
aseverou que neste período o Goberno galego traballou a pleno rendemento para
converter en feitos os compromisos adquiridos o pasado 25 de setembro:
“Foron cen días de inconformismo, para avanzar vellos
proxectos e para abrir novos camiños”, dixo, facendo fincapé en que este é un
balance que se conxuga en futuro, non en pasado.
Logo de navegar nunha lexislatura sobre o tsunami da
recesión e dedicar outra a reparar os danos, o responsable do Executivo
autonómico afirmou que, agora, nesta terceira lexislatura é o momento de
aproveitar a incipiente recuperación económica para que Galicia navegue cara ao
seu futuro.
Nesta liña, pediu ao seu equipo de Goberno seguir traballando con responsabilidade, sen confundir a confianza dos galegos cun cheque en branco, sen perder o espírito de traballo e de superación constante e reivindicando “o modelo de país no que cremos e para o que traballamos: unha Galicia próspera, unha Galicia xusta e unha Galicia ambiciosa, tranquila e para todos sen exclusións”.
Nesta liña, pediu ao seu equipo de Goberno seguir traballando con responsabilidade, sen confundir a confianza dos galegos cun cheque en branco, sen perder o espírito de traballo e de superación constante e reivindicando “o modelo de país no que cremos e para o que traballamos: unha Galicia próspera, unha Galicia xusta e unha Galicia ambiciosa, tranquila e para todos sen exclusións”.
Un Galicia máis estable e máis social:
Na aposta por unha Galicia máis estable, Feijóo
lembrou que a Xunta está a demostrar o seu compromiso con feitos: aprobando en
menos dun mes os Orzamentos para 2017; conxugando o cumprimento do déficit –un
ano máis- co crecemento económico, superior ao 3% e por riba da media española;
pagando aos seus provedores e co compromiso de pagar nunha media de 10 días
neste ano.
No eido social, e para as familias con nenos, resaltou
a mellora da Tarxeta Benvida e do programa de vacinación infantil, a apertura
de novas garderías e a creación de 30 novas casas niño no rural. Para as
persoas maiores dependentes salientou a posta en marcha do plan para a
construción de sete novas residencias públicas nas sete grandes cidades galegas
e, para axudar as persoas con dificultades referiuse, a modo de exemplo, ao
Bono Alugueiro Social para facilitar o seu acceso á vivenda.
Así mesmo, destacou a posta á disposición de máis
axudas e mellor atención psicolóxica para as vítimas de violencia de xénero; o
impulso de todas as infraestruturas hospitalarias e de Atención Primaria
pendentes; a creación de cinco novas unidades xudiciais para acadar unha
xustiza máis áxil e eficaz, e a implicación da Comunidade na Conferencia de
Presidentes para acadar un Pacto nacional pola Educación, para incluír a
demanda de que se teña en conta o gasto sanitario á hora de acordar un novo
sistema de financiamento e para abordar o reto demográfico.
No eido educativo, referiuse tamén á experiencia da
Comunidade en relación á aposta polo bilingüismo cordial, polo plurilingüismo e
pola Formación Profesional.
Unha Galicia máis próspera e sustentable
Co obxectivo de traballar por unha Galicia máis
próspera, Feijóo subliñou a elaboración dunha Estratexia para converter a
Comunidade no lugar máis favorable para traballar por conta propia e a aposta
pola innovación e por sectores novos como o aeronáutico ou a fábrica 4.0.
Neste mesmo sentido, recordou ademais que a
lexislatura do rural xa comezou: “Fomos os primeiros en xestionar as axudas das
PAC, apoiamos a máis de 600 mozos que querían incorporarse á actividade agraria
e impulsamos a diversificación e modernización do sector lácteo con novas
instalacións de transformación do leite e sumando cooperativas máis grandes,
potentes e operativas”, precisou, logo de reiterar ademais o compromiso co
sector pesqueiro, con máis axudas para pescadores e mariscadores.
Co obxectivo de acadar unha Galicia máis sustentable,
cunha mobilidade adaptada ao século XXI, Feijóo destacou os pasos dados para
tramitar cinco vías de alta capacidade nesta lexislatura, os avances na
tramitación das intermodais e o inicio da redefinición do transporte público de
viaxeiros. “E tamén fixemos todo o posible para minimizar os efectos do bloqueo
institucional na chegada do AVE a Galicia”, engadiu.
O presidente da Xunta resaltou tamén o compromiso
cunha Galicia máis sustentable que respecte o seu patrimonio natural, para
conseguir unha ordenación da paisaxe e un urbanismo respectuoso e harmónico. “E
cunha Galicia que respecte o seu patrimonio cultural e lingüístico”, engadiu.
Sobre este último punto, destacou os avances no
desenvolvemento da lei aprobada o ano pasado, co inicio do deseño dunha folla
de ruta para estender o uso do galego entre os máis novos.
Aposta por un Goberno útil que mellore a vida dos
cidadáns
Feijóo avogou por seguir apostando por un Goberno útil
que consiga mellorar a vida dos cidadáns e que avance pola liña trazada nas
dúas lexislaturas anteriores. Unha liña que demostrou ser a máis eficaz para o
progreso de Galicia, baseada nun proxecto de país que logrou o maior crecemento
económico en oito anos, nun proxecto de país no que se asenta un novo récord
histórico das exportacións galegas e nun proxecto de país que creou 20.000
novos empregos no último ano.
Ao longo da súa intervención, o presidente afirmou que
á estabilidade que pediron os cidadáns, a Xunta respondeu desde o mesmo 26 de
setembro garantindo o dinamismo de Galicia: a través duns orzamentos elaborados
en días e que crecen un 2,7% para trasladar a recuperación iniciada a todos os
galegos; cunha estratexia de apoio aos autónomos, un dos colectivos máis
castigados pola crise económica; coa ampliación do plan de impostos cero para
os mozos, as familias numerosas e as persoas con discapacidade que merquen a
súa vivenda habitual no 94% do territorio galego; e con máis de 150 acordos,
decisións, proxectos de lei ou decretos aprobados nestes 100 primeiros días.
O responsable do Executivo autonómico concluíu
afirmando que lonxe de mirar con complacencia as máis de 150 decisións tomadas,
este Goberno fai balance “coa ambición dos 1.300 días que nos quedan”