Viaxando onte en coche en dirección a Madrid, pola provincia de Zamora e pola autovía das Rías Baixas, observei como nas proximidades de Rionegro del Puente a plataforma da liña de alta velocidade Madrid- Galicia, tiña unha longa ringleira de palets colocados cada poucos metros.
Refírome ao trazado que discorre por Otero de Bodas, Rionegro del Puente, Mombuey e Cernadilla. Unhas obras que foron adxudicadas a Acciona Infraestruturas, S.A. e comprenden a construción de 30,3 quilómetros de nova plataforma ferroviaria e inclúen catro viadutos, dous falsos túneles, doce pasos superiores e dez inferiores. Destacan o posto de adiantamento e estacionamento de trens de Mombuey e o viaduto do río Tera, de 700 metros de lonxitude.
A curiosidade levoume a saír da autovía pola ligazón do Empalme e así puiden ver que eses palets depositados sobre a plataforma contiñan, unhas pezas prefabricadas - canaletas - que logo serán instaladas lonxitudinalmente ao longo da vía, unha vez que sexan executadas as correspondentes gabias.
A finalidade destas canaletas é servir de aloxamento aos cables de comunicacións e os sistemas de control, mando e seguridade.
Tamén puiden ver colocados os postes que sosterán no seu día a catenaria. Estas fotos acreditan o que acabo de dicir.
Constatanse pois os avances no tramo comprendido entre Zamora e Pedralba de la Pradería, que permitirán que cando se poña en servizo, afórrese outros 30 ou 35 minutos no tempo de conexión de Galicia con Madrid.
Recibirá resposta
Constatanse pois os avances no tramo comprendido entre Zamora e Pedralba de la Pradería, que permitirán que cando se poña en servizo, afórrese outros 30 ou 35 minutos no tempo de conexión de Galicia con Madrid.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta