Hoxe coñecemos que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 17.674.175 ocupados en xaneiro,
tras descender en 174.880 persoas (o -0,98 %). Pese ao descenso, habitual pola
finalización da campaña de Nadal, trátase do mellor dato mensual da última
década.
En termos interanuais,
o primeiro mes do ano pechou con 569.817 afiliados medios máis, o 3,33%, a
mellor taxa rexistrada desde 2007. Este aumento débese en gran parte ao bo
funcionamento do Réxime Xeral que suma 541.828 ocupados (3,90%).
O Réxime Xeral rexistrou un descenso de
157.634 (-1,08%), ata alcanzar os 14.434.274 ocupados. En xaneiro, diminuíu a
afiliación practicamente en todos os sectores; destacan Comercio e reparación
de vehículos de motor e motocicletas -36.453 (-1,55%); Hostalería -33.216 (-2,99)9%;
Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares -28.084 (-2,34%) e Actividades Sanitarias e
Servizos Sociais -10.303 (-0,73%).
En canto ao Sistema
Especial Agrario, descendeu en -791 afiliados (-0,10%), e sitúase en
813.181afiliados medios. E o Sistema Especial do Empregados do Fogar diminuíu en -5.837 (-1,36%); alcanza os 422.008 ocupados.
O Réxime de Autónomos
conta con 3.177.431 persoas, tras reducirse en 16.778 (-0,53%).
Respecto ao Réxime
Especial do Mar, resta 347 ocupados
(-0,58%) ata situarse en 59.874 ocupados. Finalmente, o Carbón está constituído
por 2.505 afiliados medios tras descender en 121persoas o pasado mes (-4,46%).
En canto ao dato
desestacionalizado, básico para ver a tendencia da afiliación, suma 37 meses en
positivo e é o maior aumento mensual da serie, con 67.460 afiliados.
A cifra de afiliados á
Seguridade Social descende en xaneiro en todas as Comunidades Autónomas.
Destacan Cataluña, (-31.068), a Comunidad de Madrid (-24.904), a Comunidade
Valenciana (-25.852) e Andalucía (-18.385).
En relación ao ano
pasado, o Sistema gañou 569.817 ocupados, o 3,33%. En concreto, destaca o bo
comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 541.828 traballadores (3,90%).
No Réxime Especial de
Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 0,89%, o que se
traduce nun crecemento de 27.959 persoas. O Réxime do Mar subiu un 1,67% (982)
e o Carbón rexistrou un descenso de 952 persoas (-26,85%).
En termos anuais a
ocupación crece en todas as provincias e Comunidades Autónomas, excepto en
Melilla. Entre as que rexistran incrementos,
destacan Baleares (5,58%), Canarias (5,37%), Cataluña (3,95%) e
Comunidade Valenciana (3,81%).
GALICIA
A afiliación media á Seguridade Social alcanzou
950.747 ocupados en xaneiro, tras baixar en 12.988 afiliados medios
(-1,35 %).
En termos interanuais, o primeiro mes do
ano pechou con 19.865 afiliados medios máis, un 2,13 %.
OURENSE
A afiliación media á Seguridade Social alcanzou
99.164 ocupados en xaneiro, tras baixar en 1.469 afiliados medios (-1,46 %).
En termos interanuais, o primeiro mes do
ano pechou con 1.194 afiliados medios máis, un 1,22 %.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta