Publica hoxe o diario La Voz de Galicia unha interesante reportaxe do xornalista Pablo García que titula "As estacións rurais que traerá o AVE: a súa razón de ser fronte á polémica"
Neste traballo defende a necesidade das estacións de Otero de Sanabria e da Gudiña dentro da nova LAV a Galicia, fronte a persoas que ben por desinformación ou por animadversión opóñense a que sexan construídas.
Estou plenamente de acordo co que nel dise e recomendo a súa lectura:
A realidade é que na provincia de Ourense, na LAV de acceso a Galicia e dentro do tramo do Túnel de O Cañizo, está prevista a construción no PK. 295,721 da vía dereita dunha estación na Gudiña.
Lembro que en outubro de 2014 a ministra Ana Pastor comprobou os terreos que albergarían a futura estación do AVE da localidade, coñecida como Porta de Galicia, alí tamén estiven eu.
Trátase ao meu xuízo dunha actuación imprescindible para dar servizo de conexión con Madrid en alta velocidade a toda a comarca de Verín, das poboacións do norte de Portugal e da comarca de Valdeorras.
E estou convencido de que como está proxectada será construída.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es