Hoxe en resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da
Cámara, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo incidiu na vontade
da Administración autonómica de convocar de forma inmediata a oferta pública de
emprego de Educación. Unha vez que o Goberno central garanta -tal e como
anunciou- a seguridade xurídica da convocatoria mediante decreto lei.
En relación á distribución de prazas, o titular
autonómico precisou que das 1043: 540 serán de ensino secundario, 80 de
formación profesional, 400 de mestres e 23 de profesores de música e artes
escénicas.
Durante a súa intervención, aseverou que, en materia
de oferta pública de emprego, Galicia seguirá traballando con normalidade. Ao
respecto, lembrou que a taxa de temporalidade no sector público galego é
inferior á da media das comunidades -un 14% fronte ao 20,5%-. “E se falamos de
taxa de interinidade na Educación, Galicia volve ser a comunidade cunha taxa
inferior á media: un 9% en primaria, fronte ao 23,8% da media estatal, e en
secundaria un 14% fronte ao 28%”, abundou.
Así mesmo, subliñou que a Comunidade galega é a
autonomía con máis profesores por alumno, ademais de seguir baixando a cifra de
abandono escolar, que se sitúa por debaixo da media de España.
Aposta polo aforro do custo enerxético dos fogares galegos:
Aposta polo aforro do custo enerxético dos fogares galegos:
Por outra banda, en materia enerxética, Feijóo asegurou que a Xunta seguirá
defendendo o interese xeral dos consumidores e dos fogares galegos, así como os
intereses daquelas persoas que teñen dificultades para pagar a luz.
Sobre este punto, afirmou que a Administración
autonómica seguirá poñendo en marcha iniciativas para o aforro do custo
enerxético dos fogares como a renovación de fiestras, ascensores e instalacións
eléctricas. “Desde que chegamos ao Goberno, 27.000 fogares galegos tiveron
subvencións para diminuír os seus consumos enerxéticos e somos a primeira comunidade
en traballar contra a pobreza enerxética, tanto co tícket eléctrico social como
para evitar os cortes de subministración eléctrica”, dixo, precisando que 6000
familias recibiron da Xunta este tipo de axudas. “E este ano temos orzamento
abondo para atender todas as solicitudes”, concluíu.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es