viernes, 31 de marzo de 2017

Ourense acolle o I Congreso Internacional de Drones dirixido a un sector innovador, en alza e con futuro

Acudo hoxe a Expourense para participar no I Congreso Internacional de Drons, que se celebra desde hoxe e ata o domingo, organizado pola Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AGGETT), en colaboración co Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (COGITT). E que conta co apoio da Axencia de Innovación da Xunta de Galicia (Gain) e a Deputación Provincial de Ourense, ademais da participación de empresas deste sector a nivel nacional e internacional.

Intervín na primeira mesa redonda do Congreso, titulada "O estado das necesidades lexislativas para que os drons voen as cidades", que foi moderada por Richard Vinuesa uno dos máximos referentes no sector do dron aéreo a nivel mundial, CEO e consultor de prestixio, así como editor en "Le Journal du Drone" e cofundador e vicepresidente de ERSA (European Rotor Sports Asosciation).

Na mesa tamén estiveron como relatores, Javier González Sánchez, técnico da unidade de RPA´s da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), Antonio Sousa Lamas, formador e experto lexislativo, Salvador Bellver Escrihuela, avogado e presidente da Asociación española de drons (AEDRON) e David Gutiérrez Torres, un dos youtubers de prestixio no sector e propietario da canle de youtube DGDrones.

Na miña intervención dixen que o mercado dos RPAS ofrece unha oportunidade real para fomentar a creación de emprego e será unha fonte de innovación e de crecemento económico durante os anos vindeiros, e simultaneamente supón novos retos relacionados coa seguridade operacional e física e co respecto aos dereitos dos cidadáns que deben ser resoltos antes de que os RPAS poidan ser usados a gran escala nunha contorna civil.

Falei de que a falta de normativas harmonizadas en Europa e de tecnoloxías validadas constitúe o principal obstáculo para a apertura do mercado dos RPAS no espazo aéreo non segregado europeo. E que a industria reclama a adopción de medidas urxentes para o establecemento dun marco regulamentario capacitador para os RPAS.

Y
Aludín a un recente ditame do Comité Europeo das Rexións (CDR) que considera que existe un gran potencial para a utilización dos drons a nivel local e rexional, especialmente nas zonas menos poboadas de Europa, e que apoia o propósito de colocar a Europa nunha posición de liderado no desenvolvemento e a aplicación desta tecnoloxía.

E que considera que está previsto que o número e a gama de servizos baseados en drons aumenten considerablemente en beneficio das empresas e os cidadáns, pero este incremento tamén significa que deben terse en conta e abordarse aspectos como a seguridade no aire e en terra, a protección da privacidade, a responsabilidade, a regulación do uso do espectro radioeléctrico e a aceptación pública.

Dixen que por iso, o CDR avoga por un Regulamento europeo xeneral harmonizado que cubra todas as utilizacións dos drons, baseado no risco e que teña en conta o principio de subsidiariedad, e fai fincapé na necesidade dun diálogo entre a AESA, que ten a tarefa de elaborar un Regulamento de base, e os axentes pertinentes a escala nacional, rexional e local nos Estados membros.
Aludín ao Real Decreto-lei 8/2014, tramitado logo como Lei 18/2014, que estableceu un marco regulatorio temporal para atender determinadas actividades (traballos técnicos ou científicos, voos de proba de produción, ou de mantemento e demostración).

E que se traballa nun novo marco normativo que se proxecta para substituír á norma temporal actual para facilitar o desenvolvemento pleno do sector así como garantir a seguridade das persoas e dos bens na utilización desas aeronaves. Dixen que o proxecto de RD está a ter unha tramitación longa debido á complexidade técnica e xurídica desta nova actividade. 

E que actualmente esta proposta de RD atópase en fase de informe por parte dos Ministerios, para que proximamente envíese ao Consello de Estado. Afirmei que estamos ante un asunto complexo e que dado o novo impacto do uso de drons sobre ámbitos como a seguridade, a actividade económica ou a protección de datos, así como a previsible e acelerada evolución tecnolóxica destas aeronaves, constituíuse en decembro de 2015 un grupo de traballo interministerial para concertar iniciativas que coordina a Dirección Xeral de Aviación Civil, ao que asisten representantes dos Ministerios do Interior, Economía e Competitividade, Industria Enerxía e Turismo, Fomento e da Axencia Española de Protección de Datos.

Finalmente dixen que no Congreso dos Deputados estamos atentos ás necesidades normativas do sector e que por iso o pasado 18 de outubro de 2016 viuse na Comisión de Fomento unha Proposición non de Lei sobre o “desenvolvemento da regulación das actividades nas que interveñen aeronaves tripuladas por control remoto”, do Grupo Parlamentario Popular que foi finalmente aprobada con modificacións, e no seguinte texto:

"O Congreso dos Deputados insta o Goberno a aprobar as disposicións normativas necesarias que actualicen a actual regulación das operacións nas que interveñen aeronaves tripuladas por control remoto, a fin de facilitar o crecemento dun sector económico emerxente, con amplas posibilidades de desenvolvemento, nas necesarias condicións de seguridade e privacidade para as persoas, os bens e as cousas.

Así mesmo, farase especial fincapé en:

- Fomentar a participación da industria das aeronaves pilotadas por control remoto e daqueles sectores que aborden a súa aplicación civil e comercial na elaboración das normas que sexan de aplicación.

- Participar das decisións que se tomen respecto desta materia no ámbito da Unión Europea e, máis en concreto, nas iniciativas que neste sentido sexan promovidas pola Axencia Europea para a Seguridade da Aviación.

- Fomentar a coordinación entre as Administracións co fin de velar pola seguridade das operacións aeronáuticas, a seguridade das persoas e a súa privacidade.

- Velar por que a Axencia Estatal de Seguridade Aérea conte cos medios e recursos humanos e económicos suficientes para o desenvolvemento das novas disposicións normativas.

- As novas disposicións normativas necesitarán un período de consulta e posterior debate cos distintos Grupos Parlamentarios."
Tiven a oportunidade de saudar ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que visitou o Congreso que calificou o evento como “unha magnífica oportunidade para seguir sumando nun proxecto no que Galicia quere apostar polo desenvolvemento dos avións non tripulados desde o punto de vista industrial, tecnolóxico e innovador”
O conselleiro explicou que a comunidade conta, no ámbito aeronáutico, cun “triángulo” que traballa de xeito coordinado composto por tres vértices: o grado de Enxeñería Aeroespacial de Ourense, o Centro de Innovación Aeroespacial de Nigrán e o polo tecnolóxico e industrial de Rozas. “O obxectivo claro é a creación de emprego cualificado e o posicionamento da comunidade desde o punto de vista da innovación e da industria”, asegurou.
Neste sentido, tal e como explicou, xa se están vendo os primeiros resultados en Rozas, onde o Goberno galego está a realizar un investimento de 150 millóns de euros en colaboración con Indra e Inaer.
Dixo que  “Galicia estase a posicionar á vangarda dun sector importante e de potencial que supón unha oportunidade para o tecido produtivo galego, as universidades e os centros tecnolóxicos”, subliñou e engadiu que durante tres días Ourense será a capital dos avións non tripulados con mesas redondas e relatorios sobre temas como lexislación, seguridade, proxectos destacados en campos como a agricultura, a prevención de incendios ou o naval e cunha parte lúdica. “Este congreso vai permitir achegar este sector aos máis novos para que teñan un primeiro coñecemento de cara a onde van as profesións do futuro, á vez que as familias desfrutan de diferentes actividades”, afirmou ao tempo que indicou que a Xunta estará atenta a todas as relatorios porque permitirán ter “unha visión de futuro sobre cara a onde temos que traballar”.
Tamén saudei ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que destacou que o Congreso servirá para "apoiar a énfase da Xunta para dinamizar o polo sur", e que se concretou coa implantación do grao de enxeñería aeroespacial no Campus de Ourense.

A miña felicitación ao presidente da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros de Telecomunicación, José Manuel Martínez, pola organización que sen dúbida culminará en éxito  e propiciará novas edicións.

Se desexa ver a miña intervención (do minuto 1 ao 9) e a dos demáis ponentes, pode facelo premendo este link:


https://www.youtube.com/watch?v=DpZl6gu_pWw



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta