jueves, 9 de marzo de 2017

Renfe implantará o servizo Atendo na estación de O Barco de Valdeorras

Coñecemos hoxe que Renfe implantará o Servizo Atendo (con asistencia puntal) na estación do Barco de Valdeorras a finais deste mes, tras o estudo das necesidades dos propios usuarios desta localidade. O volume de viaxeiros por ferrocarril durante o 2016 foi de 40.000 usuarios, o que supón unha media duns 110 viaxeiros ao día.

A Xerencia de Atención ao Cliente  de Renfe visitou in situ o mes de febreiro a estación e reuniuse coa asociación Disvalia (que desde 2013 pertence a DISCAFIS-COGAMI, Federación Provincial de Asoaciaciones de Discapacitados Físicos da Provincia de Ourense) do Barco de Valdeorras, que solicitou o servizo Atendo para esta poboación.

A partir de agora, Renfe prestará este servizo na localidade como servizo puntual mediante unha rampla LP12 específica para persoas  con discapacidade ou mobilidade reducida.

En Galicia, Renfe realizou 240.630 asistencias desde 2007, ano no que se estreou o servizo, e desde decembro do ano conta ademais  cun un "microsit" en renfe.com con contido adaptado para as persoas con discapacidade.

Desde hai unha década Renfe traballa para facer máis accesibles as instalacións, os trens, así como os produtos e servizos que ofrece aos seus clientes. O obxectivo é proporcionar un sistema de transporte inclusivo que favoreza e mellore as condicións de vida de todas as persoas.


Servizo puntual Atendo: Nas estacións con servizo puntual de asistencia debe solicitarse con polo menos 12 horas de antelación ao horario de saída.

Estamos díante dunha excelente noticia que atenderá as lexítimas demandas dun colectivo que merece moita atención. Grazas a Renfe pola sua sensibilidade.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta