Do Consello de Ministros celebrado hoxe destaco o acordo de ampliar ata 2020 a moratoria dos desafiuzamentos aos colectivos máis afectados pola crise, flexibilizar os criterios para beneficiarse das medidas de protección e posibilitar a opción de aluguer da vivenda habitual executada a prezo reducido.
O ministro de Economía, Industria e Competitividade, Luís de Guindos, lembrou que o Real Decreto aprobado hoxe en relación coa moratoria dos desafiuzamentos está no contexto das medidas que foi adoptando o Goberno desde o ano 2012 para afrontar este problema, derivado da crise económica.
De Guindos apuntou que, en marzo de 2012, o Executivo aprobou o Código de Boas Prácticas mediante o que se daba a posibilidade ás familias que estaban no "limiar de exclusión" de negociar coas entidades financeiras a reestruturación da débeda, o establecemento dunha quita ou a dación en pago. Practicamente a totalidade dos bancos adheríronse a este Código. Ademais, indicou que, en novembro de 2012, acordouse a suspensión de lanzamentos hipotecarios (obrigación de saír da vivenda), acordo que se foi estendendo ata agora, e que en xaneiro de 2013 puxéronse 10.000 vivendas con alugueres moi reducidos a disposición dos colectivos máis vulnerables.
O ministro subliñou que case 80.000 familias favorecéronse destas iniciativas.
En concreto, suspendéronse máis de 24.000 alzamentos e 45.600 familias acolléronse ao Código de Boas Prácticas, das cales 38.500 restructuraron a súa débeda e 7.000 deron a súa vivenda en pago. Así mesmo, o Fondo Social de Vivendas adxudicou máis de 9.000 casas.
En concreto, suspendéronse máis de 24.000 alzamentos e 45.600 familias acolléronse ao Código de Boas Prácticas, das cales 38.500 restructuraron a súa débeda e 7.000 deron a súa vivenda en pago. Así mesmo, o Fondo Social de Vivendas adxudicou máis de 9.000 casas.
Luís de Guindos resaltou que a norma acordada hoxe amplía o prazo de suspensión de alzamentos hipotecarios tres anos máis, ata 2020. Ademais, flexibiliza os criterios para determinar que debedores hipotecarios son vulnerables e poden beneficiarse das medidas de protección.
Neste sentido, será vulnerable a unidade familiar da que forme parte un menor de idade, no canto dun menor de tres anos como ata agora, así como a unidade familiar monoparental cun fillo ou máis a cargo. Tamén o será a unidade familiar coa que convivan unha ou máis persoas en situación persoal de discapacidade, dependencia, enfermidade grave, e na que haxa unha vítima de violencia de xénero. Por outra banda, na suspensión de lanzamentos, elimínase o requisito de esgotar as prestacións por desemprego.
O ministro explicou que se introduce no Código de Boas Prácticas a opción de alugar a vivenda habitual executada. Durante o prazo de vixencia da suspensión de lanzamentos, o debedor hipotecario executado situado no limiar de exclusión poderá solicitar ao acredor ejecutante da vivenda alugala por cinco anos en condicións favorables, prorrogables a outros cinco.
O Goberno, no prazo de oito meses desde a entrada en vigor do Real Decreto Lei, propoñerá medidas destinadas a facilitar a recuperación da propiedade da vivenda habitual polos debedores hipotecarios incluídos no ámbito de aplicación da lei.
De Guindos destacou que esta norma foi negociada co PSOE, Cidadáns PNV, CC e comentada con outros grupos, polo que confía en que reciba un apoio parlamentario moi amplo.
Na súa opinión, "o importante non son as medidas paliativas", aínda que tamén o son, senón que "levamos practicamente dous anos con caídas no número de desafiuzamentos en taxas interanuais de vivenda habitual" grazas á recuperación económica e á creación de emprego.
De Guindos concluíu sinalando que as familias españolas pagan nun 95% a súa hipoteca mes a mes, polo que se actuou sobre o 5% restante: "O dato máis esperanzador é que os desafiuzamentos de vivenda habitual están a caer a unha taxa interanual do 30% como consecuencia da recuperación".
Sen dúbida unha excelente decisión do Goberno e contando co consenso cos principais partidos políticos parlamentarios.
Sen dúbida unha excelente decisión do Goberno e contando co consenso cos principais partidos políticos parlamentarios.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta