jueves, 2 de marzo de 2017

Descende en febreiro o paro en 9.355 persoas, a segunda mellor evolución do desemprego dos últimos 12 anos.

Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego correspondente a febreiro de 2017. Estos son os datos:

OURENSE:

Baixa  o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 158 persoas, un -0,67 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 2.965 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 11,27 %. 

O número de parados queda en 23.348, deles 10.637 son homes e 12.711 mulleres, 22.128 son maiores de 25 anos e 1.220 menores.

Por sectores: 1.360 son da agricultura, 2.921 da industria, 2.549 da construción, 14.490 dos servizos e 2.028 do colectivo sen emprego anterior.

GALICIA:

O paro rexistrado de Galicia baixou en febreiro en 154  persoas con respecto a xaneiro (un -0,07 %).

O número de parados queda en 211.924, deles 96.196  son homes e 115.728 mulleres, 201.885 son maiores de 25 anos e 10.039 menores.

Deles 8.140 son da agricultura, 25.071 da industria, 23.227 da construción, 138.823 nos servizos e 16.663 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia pechou o mes de febreiro con 23.344 persoas desempregadas menos que hai un ano. O que supón unha baixada con respecto a febreiro de 2016 dun 9,92 %. A maior caída neste mes desde hai 20 anos (de toda a serie histórica que é desde 1996). O dato sitúa á comunidade en niveis de hai 7 anos. Ademais creouse emprego e incrementouse a contratación indefinida. Galicia presenta tamén un maior ritmo de caída do paro que España na evolución anual.

Con respecto ás provincias, detallou que Ourense lidera a baixada con respecto a febreiro de 2016 (-11,27%), seguida de Pontevedra (-10,00%), A Coruña (-9,57%) e Lugo (-9,47%), e sobre os sectores de actividade, apuntou que o desemprego diminuíu en todos eles, liderando outra vez o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -17,21%, seguido da industria cun -10,12%.
 En canto aos colectivos prioritarios, a caída foi liderada polos menores de 30 anos (-16,61%), seguida dos parados de longa duración (-10,86%) e as mulleres (-8,45%). Case a metade dos desempregados que saíron do paro nos últimos 12 meses foron parados de longa duración, ao igual que ocorreu en xaneiro.
ESPAÑA

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en febreiro en 9.355 persoas en relación co mes anterior (-0,25 %). Este descenso supón a segunda mellor evolución do desemprego dos últimos 12 anos neste mes.

Nos últimos 8 anos o desemprego aumentou en febreiro, máis ou menos, en 57.863 persoas.

Desta forma a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.750.876 persoas, e continúa no seu nivel máis baixo dos últimos 7 anos.

En termos desestacionalizados o paro baixa no mes de febreiro en 32.711 persoas.

Respecto de febreiro de 2016 o desemprego reduciuse en 402.110 persoas (-9,68%) o maior descenso rexistrado nun mes de febreiro de toda a serie histórica.

O desemprego entre os mozos menores de 25 anos diminuíu nos últimos doce meses en 48.970, un 14%, por encima da media xeral que se sitúa nun 9,68%.
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado diminúe en Servizos 13.738 (-0,54%), en Construción 6.676  (-1,81%) e en Industria 3.388 (-0,98%): Pola contra sobe en Agricultura 9.734 (5,61%) e no colectivo Sen Emprego Anterior 4.713 (1,52%).

O paro rexistrado baixa en 11 comunidades autónomas, principalmente en Baleares (-3.086), Aragón (-2.818) e Estremadura (-1.982). Sobe, en cambio, nas 6 restantes comunidades restantes, encabezadas por Andalucía (2.361) e Comunidad de Madrid (1.673).

O número de contratos rexistrados durante o mes de febreiro foi de 1.452.528 a cifra máis alta da serie histórica nun mes de febreiro. Supón unha subida de 75.048 (5,45%) respecto ao mesmo mes do ano 2016.

En febreiro de 2017 rexistráronse151.072 contratos de carácter indefinido, o que  representa un incremento de 11.708 (8,40%) sobre igual mes do exercicio anterior.


A contratación indefinida a tempo completo incrementouse un 8,8% interanual, máis de tres puntos por encima do incremento rexistrado pola contratación temporal (5,1%).