sábado, 4 de marzo de 2017

Feijóo: " Galicia non se entendería sen a achega de moitas mulleres coas que este país aínda ten débedas pendentes"

Asisto hoxe en Santiago de Compostela a un  acto de homenaxe ás mulleres, que foi clausurado pola coordinadora de Igualdade do PPdeG, Susana López Abella e polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo afirmou que “o camiño cara á igualdade paviméntase con feitos, non con palabras” e apuntou que os populares teñen que seguir traballando por un país onde cada muller poida escoller libremente o seu camiño no ámbito familiar, no empresarial e no político. En primeiro lugar, sinalou que deben dar respostas a aquelas que queren ter fillos sen renunciar á súa traxectoria profesional e salientou que xa están a avanzar nos campos da conciliación e da corresponsabilidade.

Nese senso, indicou que é a vez na historia na que Galicia ten máis prazas públicas de gardería, estando por primeira por riba da recomendacións mínimas europeas; que se conceden axudas para as familias que non obteñan unha praza pública nestes centros ou para as que necesiten puntualmente un coidador; que se reforzou e mellorou o programa de vacinación infantil e que, para  dar solucións ás mulleres do rural, a finais deste ano, prevese que existan xa 60 casas niño nos concellos que non teñan outro recurso de atención á infancia.

Por outra banda, Feijóo tamén recoñeceu que teñen que dar respostas a aquelas mulleres que queren avanzar no eido empresarial e atopan situacións de discriminación xa que “Galicia debe rematar cos últimos teitos de cristal que aínda existen”. Para logralo, o presidente lembrou que nos primeiros cen días desta lexislatura concedéronse axudas a 81 iniciativas empresariais lideradas por mulleres, no marco do programa Emega; e que se aprobou o II Plan Galego de Muller e Ciencia.

Do mesmo modo, sinalou que hai que apoiar a aquelas mulleres que queren achegar as súas ideas para engrandecer a política galega, ámbito no que o PPdeG sempre foi pioneiro. O presidente recordou que foron o partido no que militaron dúas das tres primeiras deputadas do Parlamento de Galicia, o que nomeou a primeira conselleira, María Jesús Sáinz; e o que sustentou, por primeira vez, un Goberno con máis mulleres que homes. Malia isto, insistiu en que non se deben politizar os problemas das mulleres, senón resolvelos.

Feijóo subliñou que “Galicia sempre tivo nome de muller” e que esta comunidade non se entendería sen a achega de moitas mulleres coas que este país aínda ten débedas pendentes.

O presidente tamén remarcou que os populares están decididos a poñer fin aos últimos redutos da desigualdade, que teñen como máximo expoñente a violencia machista, unha lacra que están decididos a erradicar. Nese sentido, engadiu que o Goberno galego tomou a decisión de persoarse en todos os asasinatos relacionados coa violencia machista na comunidade.


Así mesmo, indicou que a igualdade non é unha loita duns contra outros senón un reto que debe implicar a toda a sociedade, e que non basta con promovela por decreto senón que teñen a obriga de concienciar. De igual xeito, Feijóo recalcou que os populares defenden a abolición de todos os estereotipos de xénero que aínda sobreviven, xa que “cremos nunha Galicia que viva en feminino e que viva en liberdade”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta