O alto cargo do Ministerio de Fomento respondeu que o proxecto para desenvolver o paso inferior e unha ligazón de Ribela en Coles (Ourense) na N-525 conta desde este mes de marzo de 2017 con orde de estudo previa á redacción do proxecto, cun orzamento de obra de 1,5 M€.
O citado proxecto será redactado en 2017 mediante crédito de xestión directa desde a Unidade de Estradas de Ourense e deberá ser sometido ao trámite de información pública.
Celso Delgado lembra que a finais do mes de novembro de 2016 concluíron as obras de rehabilitación de firme na N-525 en Coles, incluíndo sinalización e balizamento. Unhas obras que dotaron dunha mellor seguridade viaria a un tramo que foi de alta concentración de accidentes.
A pesar de todo, os veciños de Ribela e Sobral así como todos os grupos municipais de Coles reivindicaron solucións ao problema exposto pola existencia dunha liña continua pintada no cruzamento desta Nacional coa estrada da Deputación OU-0522 que non permite realizar xiros nin cruzar. Alegaban que os veciños que queren ir en dirección a Ourense teñen que percorrer catro quilómetros para dar a volta en Gustei.
E reclamaban que para solucionar estes problemas proxectásese un cambio de sentido con paso subterráneo como por exemplo o que hai en O Viso ou na Granxa.
Os deputados ourensáns do GPP, Miguel Viso, Celso Delgado e Ana Vázquez trasladamos xa desde aquela data estas peticións ao Ministerio de Fomento que agora, tal e como foi anunciado polo Secretario Xeral de Infraestruturas, procederá desde a Demarcación de Estradas de Ourense á redacción deste proxecto de paso inferior e ligazón.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta