Hoxe presidín a Comisión de Fomento do Congreso que tivo por obxecto recibir a comparecencia de don Fernando Montes Ponce de León, que era o candidato proposto polo Goberno como presidente da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.
Tivo lugar esta comparecencia por primeira vez en cumprimento do previsto na Lei do Sector Ferroviario, a Lei 38/2015, do 29 de setembro, que no seu artigo 72 define a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios como un órgano colexiado especializado adscrito ao Ministerio de Fomento que ten competencia para realizar a investigación técnica dos accidentes e incidentes ferroviarios; que goza de plena independencia funcional respecto da autoridade responsable da seguridade ferroviaria, dos administradores de infraestruturas, das empresas ferroviarias, dos organismos de tarificación, dos organismos de certificación ou notificados ou de calquera outro organismo ou entidade cuxos intereses puidesen entrar en conflito coas súas funcións.
Esta mesma lei no artigo 72.3 proclama que no desempeño das súas funcións nin o persoal nin os membros do pleno da comisión poden solicitar ou aceptar instrucións de ningunha entidade pública ou privada.
Logo respondeu a certas preguntas formuladas polos portavoces dos Grupos Parlamentarios. Unha delas sobre se se debería reabrir o proceso de investigación do accidente de Angrois. Respondeu que non, engadindo que "o informe da Comisión é un informe técnico que achega solucións que, están a implementarse neste momento e que mellora o sistema ferroviario". Ademais, dixo que "se fixo con completa independencia e que as persoas que formaban parte da Comisión eran profesionais que actuaron con completa independencia á hora de verter os seus xuízos e de avaliar o terrible accidente de Angrois". E engadiu que "se existise un novo suceso que xustificase que se volvese a abrir reconsideraríase, pero neste momento penso que non"
Preguntado sobre o sistema de seguridade de ADIF e de Renfe, diojo que "o sistema dos ferrocarrís españois conta cun alto grao de seguridade. Proba diso son as gráficas de sinistralidade. Abrindo unha paréntese polo terrible suceso de Angrois, as gráficas de sinistralidade e accidentes en España son das máis baixas de Europa e iso quere dicir que o sistema de seguridade é correcto. Que se pode mellorar, por suposto; sempre se pode e débese mellorar. Nunca nos temos que parar. Son profesor de sinalización e explico os sistemas, os relativos á alta velocidade e ás liñas convencionais, e podo asegurarlles que os procedementos empregados para o nivel de seguridade que se pide son os estándares a nivel europeo. É máis, diría que nalgúns casos o nivel é máis elevado que o europeo. Isto con respecto aos sistemas de seguridade de ADIF e Renfe."
Dixo Fernando Montes que "sempre procurei ser honesto e obxectivo na miña traxectoria profesional coas miñas conclusións técnicas e desde logo -é fundamental- ter moita sensibilidade coa xente. Creo que a xente é o elemento fundamental para que funcionen os sistemas. Hai moitas cousas que facemos de forma automática, pero iso nalgún momento vai fallar. Se non confiamos na xente e non temos sensibilidade pola xente, estamos perdidos, as persoas son elementos fundamentais para o funcionamento de calquera sistema. Temos que preparar á xente, temos que mentalizala, temos que formala, por suposto"
Preguntado se debería facerse un seguimento nas avaliacións da Comisión, dixo que "calquera cousa que non se persiga, que non se siga, non serve para nada, é perda de tempo, e para os poucos anos que me quedan de vida non estou disposto a perder o tempo sen obter ningún resultado, non o fixen na miña vida e tampouco o vou a facer agora. Hai que buscar resultados, téñense que perseguir ata onde faga falta. Estou disposto a perseguilos ata onde faga falta. Por suposto, como me deron vostedes a capacidade de independencia, non vou permitir que ninguén me diga o que teño que facer, será a miña responsabilidade. Equivocareime ou non me equivocarei, pero será a miña responsabilidade. Ninguén me vai a dicir o que teño que facer. Non o admitín en ningún posto que tiven nas miñas actividades profesionais e menos agora".
Finalizado o debate sometemos a votación a proposta de nomeamento de Fernando Montes Ponce de León, como candidato a presidir a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, en cumprimento ao disposto pola lei do sector ferroviario.
Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 19; en contra; 8; abstencións, 9.
En consecuencia, tendo en conta este resultado, a Comisión trasladará ao Goberno que foi aceptado o candidato proposto.
Finalizado o debate sometemos a votación a proposta de nomeamento de Fernando Montes Ponce de León, como candidato a presidir a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, en cumprimento ao disposto pola lei do sector ferroviario.
Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 19; en contra; 8; abstencións, 9.
En consecuencia, tendo en conta este resultado, a Comisión trasladará ao Goberno que foi aceptado o candidato proposto.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta