Nel expresamos que os populares estamos decididos a poñer fin aos últimos redutos da desigualdade, que teñen como máximo expoñente a violencia machista, unha lacra a erradicar. Nese sentido, citar como exemplo que o Goberno galego tomou a decisión de persoarse en todos os asasinatos relacionados coa violencia machista na comunidade.
Nese acto o noso Partido non empregou nin un segundo en atacar
absolutamente a ningún partido político adversario.
Lamentablemente este fin de semana e a través de Twetter coñecemos un chío altamente ofensivo para todos os militantes do Partido Popular, elaborado
pola deputada
de En Marea- Podemos, Carmen Santos, que dicía
«Hoy todas en la lucha
feminista. Reivindicamos que no nos asesinen señores del @ppdegalicia.
Politizáis con pasividad»
Unha expresión que intenta vincular a violencia de xénero coas siglas do Partido Popular, unha formación firmemente comprometida na loita contra a violencia de xénero e coa igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Hoxe o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, solcitaba no nome
de todos os deputados e deputadas dese grupo unha desculpa pública á citada deputada e dicía “Confiamos que se
produza esta desculpa, co fin de evitar ulteriores actuacións por parte do noso
grupo parlamentario e coa que avanzaríamos bastante nas boas relacións entre os
grupos no Parlamento galego”
Puy subliñou que unha das cuestións que o
Grupo Popular procura en todas as súas actuacións parlamentarias “é acadar
consensos en todo o relacionado coa promoción da igualdade efectiva e real
entre homes e mulleres”.
“Espero que se rectifiquen estas
acusacións porque, se como parece é un problema de puntuación e gramática, a
desculpa é bastante sinxela e rápida se se quere realizar”, indicou.
Onte mesmo, como todos os primeiros luns de mes houbo unha concentración para condenar a violencia machista, diante da casa do Concello de Ourense, na que xente de todos os partidos políticos expresaron en silencio a máis contundente repulsa a esta lacra.
Onte mesmo, como todos os primeiros luns de mes houbo unha concentración para condenar a violencia machista, diante da casa do Concello de Ourense, na que xente de todos os partidos políticos expresaron en silencio a máis contundente repulsa a esta lacra.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta