Asisto onte pola tarde no Liceo de Ourense ao acto de entrega do XI Premio
Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades ao fiscal delegado de Violencia de
Xénero en Ourense, Julián Pardinas Sanz.
O xurado desta undécima edición deste premio que organiza
a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense, destacou del "a
implicación diaria coas mulleres vítimas de violencia, sendo recoñecido por
toda a súa contorna, a súa humanidade, servizo implicado e sensibilidade cara
as vítimas", segundo recóllese no acta, "moitas veces máis aló do que
o seu posto require".
Julián Pardinas Sanz, ademais do seu labor á fronte da
Fiscalía -que levou a cabo 1.068 procedementos xudiciais, un 12% máis que en
2015-, foi recoñecido polo Ministerio de Xustiza coa Cruz Raimundo de Peñafort
ou a Cruz do Mérito da Garda Civil.
Entregou o premio o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez,
remarcou na entrega do premio e destacou que Julián Pardinas "foi pioneiro
nesta loita nos xulgados de Ourense, moito antes mesmo de que houbese xulgado
específico de Violencia de Xénero" e resaltou que "grazas ao Clara
Campoamor deste ano, moitas mulleres recuperaron a súa vida en Ourense.
Volveron a sentirse libres para vivir con maiúsculas".
Tamén lembrou que "a igualdade dás mulleres é cousa
de mulleres, pero tamén de homes" xa que " non poderemos sentirnos
libres mentres elas sigan sufrindo a discriminación".
Julián Pardinas, expresou a súa gratitude por un premio que, dixo, considera especial por ser "da miña cidade"e dixo querer compartilo con todo o equipo que traballa na fiscalía. Tamén fixo un dobre chamamento. Á clase política no sentido de
que a loita contra a violencia de xénero non pode estar na loita política
permanentemente e que quere dun Pacto de Estado. E aos medios de
comunicación para lembrarlles que teñen unha importante responsabilidade nesta
materia porque tamén lles corresponde o labor educativo.
As miñas felicitacións a Julián Pardinas, un fiscal de gran categoría e unha excelente persoa, que recibe un premio moi merecido.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta