viernes, 3 de marzo de 2017

No faladoiro de Radio Voz

Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz no programa "Voces de Galicia"  que compartín con Ricardo Garcia Mira, Xosé Vázquez Gago e Pepe García.

A moderadora Antía Díaz Leal propúxonos falar en primeiro lugar

Falamos en primeiro lugar da vontade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de convocar oposicións este ano unha vez se dean as condicións de seguridade xurídica necesarias.

Dixen que compartía a posición da Xunta de avanzar na tramitación interna da convocatoria e así ter todo preparado para cando se desbloquee a situación a nivel nacional convocar 1.043 novas prazas.

Falei do actual bloqueo aos Presupostos Xerais do Estado impide que se poida sacar a convocatoria nestes momentos, xa que neles se regula a tasa de resposición paso previo para a convocatoria das oposicións. E pedín responsabilidade aos partidos políticos, especialmente o PSOE para que rematen con este bloqueo.

Engadín que a maioría das comunidades autónomas declinan aprobar polo momento ofertas de emprego porque recoñecen que dada a ausencia de Orzamentos no Estado non se dan as condicións de seguridade xurídica necesarias.

Neste sentido, subliñei que todo o proceso interno no ámbito autonómico está preparado, pero supeditado a que o Estado aporte a seguridade xurídica necesaria.

Falamos despois do anuncio da retirada do apoio de Cidadáns ao PP na Región de Murcia.

Dixen que esperaba que podamos reconducir a situación e que o acordo con C’s siga avanzando, porque Murcia non pode permitirse inestabilidade no seu Goberno, nin barallar a opción dunha moción de censura apoiándose en Podemos.

Engadín en relación co pacto nacional do PP con Cidadáns que implicaba 6 condicións previas, que algunhas teñen serias dificultades, como o aforamento ou a limitación dos mandatos que require unha reforma constitucional.

Lembrei que o PP  ten 137 escanos e 32 C´s. Non temos a maioría que se require para a aprobación dalgunhas formulacións que poden xerar problemas legais ou constitucionais. As reformas lexislativas e constitucionais non dependen só da vontade de PP e C´s, tamén do resto de forzas parlamentarias.

Dixen que o acordo de investidura de 150 medidas goza de boa saúde. Está a avanzarse en medidas de carácter económico e social.

 Lembrei que Pedro Antonio Sánchez non está condenado, senón amparado por unha garantía procesual. Desta maneira, apuntei que Sánchez non está acusado de corrupción? puxen como exemplo o caso dun concelleiro de C´s en Castelló, que estivo nunha situación similar e alí instauraron a doutrina que non era o mesmo meter a man que meter a pata; e iso díxoo Cidadáns?.

Puxen un valor a presunción de inocencia e engadín que separar de inmediato de calquera cargo non é acertado.

Lembrei que Cidadáns defendeu a semana pasada no Congreso dos Deputados unha iniciativa para unha nova lei orgánica que fala de onde están os límites para dimitir, coa apertura do xuízo oral.

Non se entende ben que Cidadáns propoña iso no Congreso e ao presidente de Murcia díganlle que se ten que ir por defender o mesmo que eles defenden na cámara baixa.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta