martes, 28 de marzo de 2017

O Congreso acorda tramitar unha reforma do sistema de nomeamentos en RTVE e a proposición de lei sobre dereitos no proceso final da vida

Esta tarde tivemos sesión do Pleno do Congreso na que  se aprobou  a posta en marcha da reforma da lei que regula a corporación RTVE e a tramitación da proposición de lei Cidadáns sobre dereitos da persoa no proceso final da vida.

A primeira proposta, que recibiu o visto e prace da Cámara, pretende modificar a Lei da radio e a televisión de titularidade estatal co obxectivo de "recuperar a independencia da Corporación RTVE e o pluralismo na elección parlamentaria dos seus órganos" volvendo á elección por maioría cualificada dos órganos de administración e goberno da Corporación. 

Ademais, o Pleno deu luz verde á Proposición de Lei de dereitos e garantías da dignidade da persoa ante o proceso final da súa vida. A iniciativa expón que o paciente poida rexeitar os tratamentos que non desexa; cumpra os desexos íntimos expresados nun testamento vital; faleza na intimidade persoal e familiar; ou co mínimo sufrimento físico, psíquico e espiritual posible.

Por outra banda, os grupos parlamentarios rexeitaron a proposición non de lei do Grupo Socialista sobre a reposición do dereito das persoas coidadoras non profesionais do Sistema de Dependencia ás cotizacións á Seguridade Social; e deu luz verde á relativa á reforma do Tribunal Constitucional para  reforzar a súa independencia e garantir a rapidez e eficacia dos seus pronunciamientos, nos termos dunha emenda transaccional.

En último lugar, o Pleno aprobou a moción consecuencia de interpelación de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea sobre corrupción en materia de xestión de augas, tamén nos termos dunha emenda transaccional.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta