viernes, 3 de marzo de 2017

Fundación San Rosendo: Vintecinco anos regalando humanismo cristiá da man de D. Benigno Moure

Onte participei nas principais actividades programadas para conmemorar o 25 aniversario da Fundación San Rosendo.

Asistín en primeiro lugar a unha eucaristía na catedral de Ourense, presidida polo titular da diocese D. Leonardo Lemos que concelebró con bispos e arcebispos galegos e de Astorga, ademais do cardeal arcebispo de Madrid, Carlos Osoro. 

Despois acudimos a Laias a un xantar e finalmente pola tarde asistín no Teatro Principal a unha conferencia do cardeal-arcebispo de Madrid Carlos Osoro.

O que foi bispo de Ourense dixo entre outras cousas que "O labor asistencial realizado por Fundación San Rosendo é excepcional, foi copiada mesmo noutros países e agora cumpre 25 anos de humanismo cristián, de traballar polos que non teñen nada; aqueles que mesmo non son rendibles para outros.

Osoro eloxiou o labor de Benigno Moure, "un home tan excepcional como o é a súa obra e ao que quero e admiro" e engadiu "acostumo a dicirlle a Don Benigno que el repite a a historia de San Pablo cando escribe cando non fixo outra cousa na súa vida que traballar polos pobres".

Cualificou á Fundación como "un proxecto que se achegou a todos os camiños que os homes vivimos e nos que somos máis pobres; aos anciáns, aos que ten adiccións, ás nais que están abandonadas, ás nais solteiras viven en mundos difíciles, aos que teñen minusvalías especiais. O que a fundación fai son páxinas de son páxinas do evanxeo"

A Fundación San Rosendo ten a súa orixe en Cáritas Diocesana de Ourense (1972) onde un grupo de veciños de Ourense, liderados polo sacerdote Don Benigno Moure, desenvolvían iniciativas de axuda aos colectivos máis desfavorecidos da provincia.

Tras esta experiencia, en 1992, o Bispado de Ourense constitúe a Fundación San Rosendo con fins xerais de interese galego para desenvolver funcións de asistencia social. A Fundación toma o nome de San Rosendo, en referencia ao bispo ourensán que loitou pola xustiza, o desenvolvemento e o benestar desta provincia.

Desde o seu nacemento envorcouse en dar solución ás necesidades máis perentorias da sociedade galega e dos colectivos máis débiles: nenos, maiores e persoas con discapacidade.

A Fundación conta con 70 centros asistenciais entre residencias de maiores, apartamentos tutelados, centros de discapacidade e de rehabilitación; ademais de tres centros de augas mineromedicinales, repartidos polas catro provincias galegas. O 85% destes centros atópanse en concellos rurais.

A Fundación conta con preto de 3.500 prazas asistenciais. Só o 30% son prazas concertadas, o que garante a independencia de Fundación San Rosendo das institucións públicas. A Fundación conta cun orzamento de 47,3 millóns de euros e xera máis de 1.650 empregos directos.

O obxectivo prioritario da Fundación San Rosendo é prestar axuda e benestar aos colectivos máis desfavorecidos de Galicia, desde unha perspectiva de integración e participación activa na sociedade e, ao mesmo tempo, xerar valor engadido na contorna no que se integran os centros asistenciais.

Os valores da Fundación San Rosendo son:

. Atención personalizada e individualizada aos residentes.
. Asistencia de calidade; todos e cada un dos membros da Fundación teñen como obxectivo prioritario a procura do benestar dos residentes. A Fundación San Rosendo foi unha das primeiras institucións en toda España e, a primeira en Galicia, en certificar a calidade das súas residencias de maiores e discapacitados.
. Formación permanente para que calquera traballador poida prestar axuda a un residente cando este o necesíte.

O meu recoñecemento máis sinceiro o traballo desta Fundación que dirixe José Luis Gavela e unha total admiración polo fundador, o cura Don Benigno Moure.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta