Santa María de Melón é un mosteiro cisterciense fundado no século XII e ocupado ata a desamortización de Mendizábal. Do edificio románico só se conserva o cruceiro e un das ábsidas sendo o resto de estilo gótico. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural con categoría de Monumento Histórico-Artístico en 1931.
Informa o Ministerio que o proxecto enmárcase no Plan Director do Monumento, encargado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Proponse a súa rehabilitación como Hospedería. Así, nesta primeira fase abórdase a rehabilitación: en planta baixa, alta e cuberta das ás Norte e Oeste do Claustro da Hospedería; da porta exterior de acceso ao atrio do Mosteiro, e a recuperación e restauración do pavimento do citado Claustro.
O Ministerio de Fomento colaborou xa anteriormente na recuperación do Mosteiro a través do Programa do 1% Cultural. En 2008 asinou un convenio coa Xunta de Galicia para eliminar na igrexa os danos causados pola choiva e a capilaridade en cubertas e muros. Nesta ocasión o Ministerio financiou a obra nun 60% cun investimento de 946.227,73 euros.
Lembrar o papel xogado neste tema pola anterior ministra de Fomento, Ana Pastor que o 21 de marzo de 2016 en compaña do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e da alcaldesa Cristina Francisco visitaba o Mosteiro de Melón.
Lembrar o papel xogado neste tema pola anterior ministra de Fomento, Ana Pastor que o 21 de marzo de 2016 en compaña do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e da alcaldesa Cristina Francisco visitaba o Mosteiro de Melón.
Esta nova actuación demostra o compromiso do Goberno de protexer e salvagardar o Patrimonio Cultural Español. Programa de Rehabilitación Arquitectónica e 1,5% Cultural
A mencionada actuación realízase no marco do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico, que consiste no financiamento de obras relevantes de rehabilitación do patrimonio arquitectónico español cos orzamentos propios do Ministerio. Nestes casos Fomento financia as obras e exerce como órgano de contratación das mesmas.
Doutra banda, o Ministerio de Fomento financia moitas actuacións de intervención no Patrimonio Histórico Español mediante a achega do 1,5% da contratación de obra pública xestionada polo propio Ministerio. O programa do 1,5% Cultural é un dos instrumentos da Administración Xeral do Estado para responder o mandato constitucional polo que os Poderes Públicos deben garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens que o integran.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es