Onte nun magnífico día, mais estival que primaveiral, visito
o Pazo-Fortaleza de
Monterrei na zona máis elevada do fermoso val de Monterrei, dende onde domina o territorio circundante e o veciño
Portugal.
Está
considerada como o
mellor exemplo de fortificación de todo o noroeste peninsular que inclúe
poboación fóra da militar. E contan que aí foi emprazada a primeira imprenta de
Galicia e de aí saíu o primeiro libro feito no país aplicando o invento de
Gutenberg.
Aporta
a web deste Concello estas referencias:
E tamén por si pensar en aloxarse no Parador existente:
http://www.parador.es/es/paradores/parador-castillo-de-monterrei
Despois desta visita descendo ata a capital comarcal, a Vila de Verín , onde como nun antigo restaurante,“ Casa Zapatillas” e por suposto bebo uns dos excelentes caldos da D.O. Monterrei, que produce algúns dos viños máis modernos de Galicia. Xa eran coñecidos na Idade Media e mesmo chegaron a América da man do quinto Conde de Monterrei, que foi Virrei das Indias.

E logo pola tarde viaxo desde
Verín por este fermoso val regado polo
río Támega ata o vecino concello de Laza, entre desbordante natureza e
impresionantes montañas.
Chego ao pobo de Castro de Laza e acudo a misa de xoves santo á fermosísima igrexa barroca parroquial de San Pedro, que conta cun extraordinario retablo.
Chego ao pobo de Castro de Laza e acudo a misa de xoves santo á fermosísima igrexa barroca parroquial de San Pedro, que conta cun extraordinario retablo.
A todos recomendo visitar estes lugares e por
suposto o extradordinario turístico destino que é a comarca de Monterrei.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es