Asisto onte á segunda xornada do I Congreso Internacional de Drons de Galicia en Expourense, que se centrou nas explicacións técnicas de empresas que desenvolven solucións baseadas na aplicación de drons a distintos sectores e actividades. Entre elas unha moi interesante relacionada coa inspección das infraestruturas.
Mais tarde no Balneario de Arnoia, tivo lugar no transucrso dunha cea a presentación das conclusións do Congreso.
A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, felicitou á Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, que preside José Manuel Martínez, e reflexionou sobre o ·futuro de algo tan innovador como son os drons e que ten tantas aplicacións", un sector, dixo, "de excelencia que vai representar a parte máis importante do PIB nacional nos próximos anos".
Ao meu xuízo o balance deste I Congreso foi magnífico e serviu para que moitos - entre os que me atopo - coñezamos a importancia dos drons e o seu gran futuro.
Parabén aos organizadores.
Citar tamén que neste evento tiven ocasión de coñecer a un dos mellores pilotos de de drons de españa, o extremeño Daniel Pachón, coñecido co "nick" de "Dani Pacha", que nos fixo unha demostración do funcionamiento deste pequeno dron.
Citar tamén que neste evento tiven ocasión de coñecer a un dos mellores pilotos de de drons de españa, o extremeño Daniel Pachón, coñecido co "nick" de "Dani Pacha", que nos fixo unha demostración do funcionamiento deste pequeno dron.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta