sábado, 29 de abril de 2017

Na Feira dá Artesanía de Ourense

Asisto hoxe ás trece horas nos Xardíns de Bispo Cesáreo ao acto de inauguración da  XXI Feira dá Artesanía de Ourense, na que participan 26 expositores de artesanía que proceden de toda Galicia e doutros lugares do norte de España.

A presidenta da Asociación de Artesáns de Ourense, Olga Santos, que é a organizadora da Feira explicou que ata o 7 de maio, os asistentes ademáis de mercar  tamén poderán participar en obradoiros de artesanía como os de olería que impartirá o oleiro de Gundivós, Tomás López; os de madeira de Roberto Figueira; os de instrumentos musicais a cargo de Xosé Piñeiro; os de tear de Concha Outeiriño; ou os de cestería con papel reciclado que impartirá a artesá María José Martínez. O horario da feira será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, presente no acto destacou que este evento converte a provincia nun escaparate da artesanía galega. E asegurou que a Xunta de Galicia aposta pola comercialización, o mantemento e a divulgación dos oficios artesanais, xa que constitúen unha ferramenta de dinamización social e económica, ademais de establecer referentes para os novos profesionais que se achegan ao sector artesanal galego.
A feira ademáis da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria tmán conta co do Concello de Ourense, e por iso tamén neste acto interveu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.
Salientar a presenza da real Banda de Gaitas da Deputación que amenizóu o acto e tamén o saúdo do do vicepresidente Rosendo Fernández.

Logo fixemos unha visita ás distintas casetas que se dedican a actividades como a xoiería, a pintura, a cerámica, a madeira ou o coiro, expoñendo numerosas pezas de calidade. 

Celebro moito que esta feira chegue á súa XXI  edición e recordo a primeira que apoiamos desde a Cámara de Comercio de Ourense, cando eu traballaba nela. É moi importante apoiar a actividade artesá e espero que nesta ocasión vendan moito aproveitando a ponte do primeiro de maio e a proximidade do día da nai.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta