Salientar con satisfacción a nova de que
o remate das obras da nova sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense está
previsto para finais deste ano 2017.
Así o anunciaba onte o director xeral de
Belas Artes e Patrimonio Cultural do Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte, Luis Lafuente Batanero, na visita que realizou ao complexo de San
Francisco, acompañado polo polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o secretario
xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola delegada da Xunta de Galicia en Ourense,
Marisol Díaz; pola directora xeral do Patrimonio Cultural, Carmen Martínez; e
outros membros da corporación local.
O Sr. Lafuente dixo que as obras do complexo cultural de San
Francisco son as máis importantes que está executando o Ministerio de Cultura
en todo o Estado, afirmando que “en ningunha outra cidade se están
desenvolvendo obras simultáneamente en Biblioteca, Arquivo e Museo”, poñendo en
valor tamén que Ourense é a cidade que máis investimentos en materia cultural
ten consignados no Proxecto de Presupostos Xerais do Estado para 2017
Lembrar que ademais do arquivo, as
instalacións de San Francisco tamén albergarán a nova sede da Biblioteca
Pública de Ourense, para a que están comprometidos 4,2 millóns en 2017
–principalmente para a dotación de equipamento e mobiliario–. A esta contía hai
que engadir os 19,6 millóns executados ata a data polo Ministerio para
construír as novas sedes destes dous centros, o que suma un investimento de
23,8 millóns.
As actuacións do Ministerio no
equipamento cultural para estes centros xestionados pola Secretaría Xeral de Cultura
inclúen tamén a reforma e rehabilitación do Museo Arqueolóxico Provincial de
Ourense (MAPOu), cuxo proxecto contempla un orzamento de licitación de 11,4
millóns de euros. O Ministerio prevé poder iniciar este ano as actuacións de
rehabilitación, á espera de que estea modificado o Plan especial de reforma
interior (Peri) do Concello de Ourense para obter as correspondentes licenzas e
proceder a licitar as obras.
En conxunto, os investimentos do Goberno
nas novas sedes do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e da Biblioteca
Pública da Ourense, e na rehabilitación do Museo Arquolóxico Provincial de
Ourense superarán os 35 millóns de euros.
Salientar que o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez que o 9 de
marzo de 2016 mantivo unha reunión en Madrid co ministro de Cultura, íñigo
Méndez de Vigo na que éste comprometeuse a impulsar as obras da Biblioteca e do Arquivo Provincial
e tamén do Museo Arqueolóxico
Neste
sentido o alcalde dixo que “cunha
partida este ano de 250.000 euros por parte do Ministerio, estou seguro de que
este será, por fin, o ano no que este tesouro de Ourense volverá a activarse”.
Sobre
o Museo, ata a data traballouse na redacción dos proxectos básicos e de
execución así como de estudos previos do edificio, xa finalizados, por importe
de 247.462,88 euros.
Pendente
da modificación do Peri, unha vez se obteñan as oportunas licenzas procederáse
a licitar as obras. O proxecto de reforma e rehabilitación do Museo contempla
un coste de licitación de 11,4 millóns. Posteriormente realizaranse novos
contratos para a redacción do proyecto de museografía e o de execución desta.
“Por
tanto, estamos ante uns investimentos (realizados ou de próxima realización)
que na súa totalidade ascenden a 35 millóns 456 mil 805 euros, entre
biblioteca, arquivo e museo Arqueolóxico”, concluiu o alcalde, Jesús Vázquez.