Esta mañá o ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Álvaro Nadal Belda, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, asinaron un documento que pon en marcha o marco de colaboración para o impulso da enerxía geotérmica na cidade.
O obxectivo é establecer un marco estable de colaboración entre o Concello e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependente do Ministerio, para a dinamización de proxectos que contribúan ao uso da enerxía geotérmica en proxectos innovadores de eficiencia enerxética, mediante a creación dun grupo de traballo conxunto.
Como resultado desta colaboración, ambas as institucións comprométense a identificar proxectos pilotos demostrativos e entidades ou centros de investigación que poidan colaborar en proxectos piloto de geotermia, con alta probabilidade de ser replicados noutras contornas xeográficas con potenciais similares ás da cidade de Ourense.
O Concello de Ourense quere implementar un Plan de Acción Local Enerxético con medidas e compromisos en materia de sustentabilidade enerxética local e mitigación do cambio climático, apoiado na geotermia.
Por iso, o consistorio xa priorizou un primeiro proxecto piloto a analizar conxuntamente que permitiría o deseño dun District Heating na área urbana de A Ponte debido ás súas características especiais ao reunir diferentes usos. A zona de intervención proposta para o proxecto piloto de referencia coincide en gran parte co distrito 5, o máis poboado da cidade con 27.393 habitantes. Ten ademais numerosos edificios públicos que se poderían beneficiar da enerxía geotérmica.
Recursos xeotérmicos:
E despois acompañámoslle á zona termal de Outariz para que puidese coñecer os aproveitamentos termais ao servizo do lecer e goce dos cidadáns, ben a través das pozas ao aire libre como nas instalacións do balneario alí existente.
Sen dúbida foi unha excelente oportunidade para que o ministro responsable dos temas enerxéticos pero tamén dos turísticos, tomase coñecemento do enorme potencial da capital termal que é Ourense.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es