O Ministerio de Fomento, publica hoxe o
Boletín Oficial do Estado, unha Resolución do 3 de abril de 2017 do Secretario
de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda pola que se aproba o expediente de
información pública e definitivamente o Documento para lnformación pública do
Proxecto de Construción do primeiro tramo do variante Norte de Ourense, entre
as ligazóns de Quintela e Eirasvedras. Indica un conxunto de prescricións a
cumprimentar no Proxecto de Construción e atendendo á alegación do Concello de
Ourense deberase redactar un Documento técnico no cal se estuden determinados
aspectos relacionados con modificacións nos accesos.
Esta actuación, que está incluída no
trazado da autovía A-56 entre Lugo e Ourense, ten un orzamento de licitación de
obra estimado de 30,2 millóns de euros (24.977.561,94 máis 5.245.288,01 euros
en concepto de I.V.E.)
O primeiro tramo do variante Norte de
Ourense (A-56) terá unha lonxitude de 1,7 km e iniciarase na ligazón de
Quintela, onde conecta coa N-120. Está previsto desenvolver unha conexión no
punto quilométrico (p.k.) 572 da N-120, á altura do núcleo de Tarascón.
O tramo de estrada finaliza na contorna da
actual ligazón de Eirasvedras da autovía das Rías Baixas (A-52, ligazón Ourese
Norte, p.k. 233), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous
carrís por sentido na N-120.
O trazado proxectado do Variante Norte de
Ourense é o tramo final da Autovía A-56 de Lugo a Ourense, punto no que
enlazará coa A-52.
Sen dúbida estamos ante unha moi boa
noticia que constitúe un novo avance nesta actuación que debe culminar na
redacción final do proxecto construtivo, a súa supervisión e aprobación, paso
previo ao comezo das expropiacións e posterior licitación.
Lembrar que o proxecto de lei de PGE para
2017 inclúe unha partida de 3,7 millóns de euros para este tramo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta