martes, 4 de abril de 2017

PXE 207: Ourense, primeira provincia en investimento en ferrocarrís de España con 477,49 millóns de euros, un 551% superior á media provincial

Hoxe o Goberno presentou  no Congreso dos Deputados o proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado (PXE) para 2017, nos que se mantén o compromiso do executivo que preside Mariano Rajoy coa provincia de Ourense. 

Estes orzamentos, permiten avanzar decididamente na conexión por alta velocidade de Ourense con Madrid, superando as dificultades xurdidas ao longo do último ano”.

Os investimentos previstos nos PXE de 2017 para Ourense alcanzan os 505,016 millóns de euros, dos que 33,87 corresponden aos ministerios e 471,13 millóns as sociedades públicas.

·       Resumo de investimentos dos ministerios: 33,87 M€

- Facenda: 481.650 €
- Enerxía: 10.290 €
- Fomento: 17,13 M€
- Educación e Cultura; 5,99 M€
- Agricultura-Medio Ambiente: 9,97 M€

·       Resumo de investimentos das sociedades públicas: 471,13 M€

- Adif-Alta Velocidade: 462,8 M€
- Adif: 1,77 M€
- Renfe: 1,47 M€
- Seitsa: 1,33 M€
- Augas das Concas de España (ACUAES): 2,55 M€
- Sociedad Equipamentos Penitenciarios: 640.000 €

GRUPO FOMENTO:

O Grupo Fomento destina no 2017 para Ourense 498,68 millóns de euros, o que a sitúa como a terceira provincia con maior esforzo orzamentario.

Un esforzo do 196,6 % por encima do investimento provincial medio e supón un incremento do 124,15 % sobre o orzamento executado en 2016, colocándose tamén como a segunda provincia en investimento per cápita (1.583,9 €).

Ourense sitúase tamén como a segunda provincia con maior investimento para 2017, cunha cifra que alcanza os 496,1 millóns de euros e sitúaa un 265 % por encima da media das provincias.

O investimento en estradas na provincia é de 18,04 millóns de euros, o que representa un incremento do 54,39 % sobre o orzamento executado en 2016.

Ourense é ademais a primeira provincia en investimento en ferrocarrís de toda España, cun importe que ascende a 477,49 millóns e cun investimento 551 % superior á media provincial.

Principais actuacións.-

Ferrocarrís

O investimento en ferrocarrís é de 477,5 millóns de euros. No 2017 axustouse a dotación orzamentaria ao desenvolvemento das actuacións e á execución do ano 2016. Adicionalmente destínanse 2,3 millóns subvencións ao transporte (Obriga de Servizo Público Renfe).

Proseguen as obras da liña de alta velocidade Olmedo-Lubián-Ourense cunha dotación total de 749,6 millóns (inclúe ADIF Alta Velocidade e Sociedade Estatal de Infraetruturas e Transportes Terrestres –SEITT-). O investimento previsto en Galicia é de 461,3 millóns.

Tamén se previu unha partida para a variante de Taboadela a Ourense de 1 millóns de euros.

Adicionalmente contémplase unha dotación total de 1 millón para a nova liña entre Ourense e Vigo por Cerdedo, (tamén se inclúe unha dotación no orzamento do Ministerio de Fomento para completar a tramitación ambiental e administrativa pendente). O investimento previsto na provincia será de 500.000 euros.

Inclúese unha dotación para continuar as actuacións e estudos de renovación e variantes na  liña Ourense-Monforte-Lugo.

O orzamento de ADIF inclúe 1,7 millóns de euros para:

Renovacións e melloras de liñas (0,7 M€), Proxectos en finalización (0,29 M€), Construción de paso inferior peonil para mellorar a permeabilidade na estación da Rúa-Petín (0,2 M€), Implantación de ASFA dixital (0,2 M€)

O orzamento de RENFE fixa un investimento total de 1,5 millóns de euros na provincia para mellora da seguridade na circulación, actuacións sobre material existente, grandes reparacións, accesibilidade en trens, sistemas de información e venda.

As partidas destinadas ao mantemento da rede convencional figuran no capítulo 7 do orzamento do Ministerio de Fomento e ascenden na provincia a 11,2 millóns.

Estradas

No proxecto de PXE-2017 destínase a cantidade de 18,0 millóns de euros para investimentos en estradas na provincia de Ourense (16,7 millóns Demarcación Xeral de Estradas máis 1,3 millóns da SEITT).

Ademais están dotadas as partidas necesarias para licitar novas actuacións como:

- Na autovía A-56 está previsto licitar as obras do primeiro tramo do variante Norte de Ourense, Eirasvedras-Quintela, para o que se destinan 3,70 millóns de euros. Na provincia de Lugo e para o tramo San Martiño-A Barrela hai unha importante partida de 10 millóns que permitirá dar continuidade ás obras.

- Para os tramos da autovía A-76 consígnanse 6,2 millóns para as tres provincias (León-Lugo e Ourense). Na nosa provincia consígnase para o tramo A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras unha importante partida de 4,8 millóns. E para avanzar na redacción do proxecto do tramo fronteirizo  Requejo-A Veiga de Cascallá un total de 307.970 euros.

- Destínase tamén 0,5 millóns para licitar as obras de conexión da N-120 coa estrada N-536, na localidade de Barco de Valdeorras. E os 0,7 millóns para licitar as obras de remodelación da ligazón da Rúa na N-120, PK 466.

- Para o mantemento e mellora da seguridade viaria da rede de estradas do Estado en Ourense contémplanse varias partidas por importe de 8 millóns (6,7 millóns da Demarcación Xeral de Estradas e 1,3 da SEITT).

O investimento a través da Demarcación Xeral de Estradas permitirá desenvolver, entre outras, as obras das seguintes actuacións: Rehabilitación do firme na A-52, en diversos tramos na provincia de Ourense; Execución de glorieta no pk. 578 da N-120; Senllas peonís en Razamonde.

Ademais, a través do Convenio coa SEITT, en 2017 existe dotación para desenvolver as seguintes actuacións de conservación: Rehabilitación do firme na A-52, en diversos tramos na provincia: Campaña de rehabilitación de firmes na cidade de Ourense, Coles  e accesos: N-525; N-120; N-544; C-546.

Política de vivenda.

Prevese continuar consolidando o cambio de modelo derivado de varias reformas lexislativas e da aplicación do Plan Estatal de Fomento do Aluguer de Vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbana 2013-2016, prorrogado durante este exercicio.

Para as axudas desta prórroga consignáronse 14.912.590 millóns de euros para Galicia.

Dentro do programa de rehabilitación arquitectónica prevese un investimento do Ministerio de Fomento na provincia de Ourense de 600.000 euros nas seguintes actuacións:

- Recuperación e restauración de cuadrilla norte e sur do claustro de Hospedería no Mosteiro de Melón, cun investimento de 1.780,53 millóns, dos que 500.000 euros corresponden ao exercicio 2017.

- Igrexa de Santa Comba en Bande, con 360.000 euros, dos que 100.000 corresponden ao exercicio 2017.

- Dentro do programa de conservación do patrimonio histórico-artístico, 1,5 % cultural, o Ministerio de Fomento financiará o proxecto de reforma e rehabilitación da praza de Abastos número uno de Ourense aportando 3,55 millóns de euros.

EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

Os PXE do 2017 rexistran tamén 2 millóns para o Arquivo Provincial, 3,7 millóns para a Biblioteca Pública do Estado e 250.000 euros para o Museo Arqueolóxico da cidade. Resaltar que o orzamento íntegro investidor deste Ministerio en Galicia, 5,95 millóns destínase a Ourense.

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

A Sociedade ACUAES, dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, contempla 2,5 millóns euros para a EDAR de Ourense. Tamén son moi importantes os investimentos que realiza a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que ascenden a 9,4 millóns.

PRISIÓNS

A Sociedade de Infraestruturas e Equipamento Penal, dependente do Ministerio de Interior, consigna 640.000 euros para melloras e reforma do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.

CONSIDERACIÓNS XERAIS SOBRE OS ORZAMENTOS

Estes orzamentos afianzan o crecemento e a creación de emprego, alimentarán a recuperación, fortalecerán o gasto social, impulsarán un emprego público estable e uns servizos públicos de calidade e permitirán que España volva cumprir o seu obxectivo de déficit.

O gasto social aumenta un 1,7 % respecto de 2016 e supón case o 56 % do gasto do OXE fronte ao 53,5 % do exercicio anterior.

- No tocante a pensións, asígnanse 139.647 millóns de euros, 4.198 millóns máis que en 2016, o que representa máis do 40 % do total do gasto do orzamento consolidado. O crecente aumento das pensións é consecuencia da revalorización do 0,25 %, o aumento do número de pensionistas e o incremento da pensión media dos novos beneficiarios.

- A partida destinada a Sanidade ascende a 4.093 millóns, un 2,3 % superior ao recibido en 2016.

- Para fomentar a calidade cultural, a súa extensión e o impulso da actividade creadora contarase con 801 millóns de euros. O orzamento nos organismos dependentes do ministerio ascende a 554 millóns de euros, un 2,9 % máis que en 2016, representado un 69,2 % do total da política. Os programas de Música e Danza dótanse con 100 millóns, o  teatro con 51 millóns e o  programa de cinematografía, 85 millóns, destacando a asignación ao Fondo de Protección á Cinematografía de 70 millóns de euros, un 16,7% máis que en 2016. Para Deportes e o seu fomento destínanse 171 millóns de euros.

- Educación terá 2.525 millóns cun incremento de 1,7 %. Destaca pola súa importancia cualitativa e cuantitativa o programa de bolsas e axudas a estudantes, que representa o 60,3 % do total da política e unha dotación de 1.523 millóns. Dentro deste programa, a dotación para bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral ascende a 1.420 millóns, consolidándose o esforzo realizado nos últimos anos, que supuxo un incremento en 252 millóns de euros desde 2011, alcanzándose en 2017 a dotación máis alta da serie histórica. Para financiar a cobertura de libros de texto e material didáctico inclúense 50 millóns de euros, o dobre que en 2016.

- Fomento do Emprego dótase con 5.499 millóns de euros, o que supón un incremento do 5,5 %, 284 millóns de euros máis. Dos créditos destinados a políticas activas, 3.249 millóns corresponden a actuacións de inserción e incentivación da contratación, dos cales 1.868 millóns destínanse a bonificar a contratación de traballadores desempregados e 130 millóns de euros para a recualificación profesional das persoas que esgotasen a prestación por desemprego (PREPARA). Un total de 2.154 millóns de euros son para actuacións de carácter formativo, entre outros. As bonificacións á contratación aumentan en 2017 233 millóns e poténciase o Programa de Acción Conxunto para a Mellora na Atención ás Persoas Paradas de Longa Duración.

- Para Protección familiar e loita contra a pobreza infantil destinaranse 2.408 millóns de euros, o que supón un incremento do 4,9 % sobre o ano 2016, para programas e servizos destinados a mellorar os niveis de protección das persoas e grupos sociais máis vulnerables e desfavorecidos. 342 millóns especificamente irán para a Protección á familia e atención á pobreza infantil, sendo esta actuación unha prioridade do Goberno en 2017. O importe destinado á Atención á Dependencia ascende a 1.355 millóns, un 8,2% máis que en 2016.

- Para a prevención integral contra a violencia de xénero incrementáronse as dotacións ata alcanzar os 28 millóns de euros, un 9,9% máis que en 2016.

- En Investigación, desenvolvemento e innovación civil a dotación para este capítulo inclúe créditos por importe de 6.029 millóns de euros, un 4,1 % máis que en 2016. Destaca o programa de Fomento e coordinación da investigación científica e técnica, o 56,2% da totalidade dos créditos, con dotación de 3.395 millóns, un incremento do 110,5% respecto ao ano anterior.

- Para Competitividade, os orzamentos inclúen 50 millóns de euros para o fomento do vehículo eficiente, así como 150 millóns para a competitividade das industrias electrointensivas.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta