domingo, 2 de abril de 2017

A restitución da ribeira dereita do río Miño en Santa Cruz de Arrabaldo

Movido pola curiosidade visito onte pola tarde unhas obras recén finalizadas na parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo do Concello de Ourense e que fron executadas pola Axencia Galega de Infraestruturas Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Tiveron un orzamento de 2.041.684 €
Trátase , dun paso superior sobre a liña de ferrocarril Vigo-Ourense nas marxes da Vía de Altas Prestacións (VAP) Santiago-Ourense (AG-53). E  da restitución da ribeira dereita do río Miño para protexela fronte a novos procesos erosivos e rexenerala ambientalmente.
Unhas obras que levaronse a cabo seguindo os criterios marcados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil  que consideraron que para lograr a protección da marxe non era recomendable a construción de muros, proxectandose medidas alternativas que cumprisen coas premisas como a protección fronte á erosión ou a implantación dun sistema de restauración do terreo capaz de soportar os caudais estimados para o río e que permita o crecemento rápido da vexetación de ribeira.
Asemade, para a protección fronte á erosión ao pe do banco de ribeira apóstose por un sistema consistente en bloques de dique na parte baixo a lámina de auga, e até un metro por riba do nivel e muros vivos para a superficie por encima dese nivel, dispondo un sistema de dique con ocos, nos cales se introduzan plantas nas xuntas entre a roca, de maneira que cheguen ao chan detrás do muro.
Era onte evidente a restauración paisaxística, coa plantación mediante hidrosembras, plantacións arbustivas e sementa de especies ripícolas na zona de ribeira.
A realidade e que onte tiven a sensación de estar diante dunha obra moi ben executada que recuperou un amplo espazo para o lecer e disfrute das persoas, entgre eles pescadores. Parabéns.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta