martes, 11 de abril de 2017

O ministro de Fomento cumpre o comprometido e visita antes de cumprirse o prazo de tres meses as obras de construción da plataforma da Liña de Alta Velocidade en Zamora e Ourense

O Ministro de Fomento Íñigo De la Serna cumpriu a palabra dada o 31 de xaneiro ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo e visitou antes de cumprirse o prazo de tres meses as obras de construción da plataforma da Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia ao seu paso pola provincia de Zamora e de Ourense.

O ministro comezou en Requejo de Sanabria a súa visita para comprobar o estado das obras do viaduto na localidade así como o do tramo entre Pedralba de la Pradería e o túnel de Padornelo. E confirmou que en Otero de Sanabria construirase, como estaba previsto, unha estación. Ratificóu que o tramo Zamora-Pedralba de la Pradería entrará en servizo antes de rematar 2018.

Logo en Ourense, o ministro foi recibido na estación de Vilavella polo Delegado do Goberno de Galicia, Santiago Villanueva, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e outras autoridades, ademáis dos máximos responsables de ADIF.

Nun microbús percorrendo a traza, visitamos os túneles de A Canda-Vilavella, O Cañizo e o de O Espiño, este último, o segundo de maior lonxitude do AVE (7,9 quilómetros) despois do túnel de O Corno, e que se alternan con plataformas ao descuberto. En total, case 19 quilómetros.

En declaracións aos medios de comunicación, De la Serna  explicou o estado das obras postas en marcha nesta lexislatura, incidindo en que se está dando continuidade aos 17 tramos que estiveron sen actividade e cuxos expedientes están practicamente resoltos e confía en que o tramo máis complexo, o de Portocamba-Cerdedelo, poida estar resolto nos próximos días.

No que respecta aos tres tramos galegos, algúns deles explicou que están nalgún caso moi avanzados como é o caso do túnel de O Espiño, o segundo máis longo do AVE a Galicia.

"Os tres tramos, con cinco contratos distintos, reflicten a enorme dificultade na chegada do AVE a Galicia, con 126 quilómetros de túneles e un total de 40 túneles", insistiu o ministro, que destacou as "cifras xigantescas" que supoñen só estes tres tramos e que prevé que poidan estar rematados mesmo "con días de antelación".

En todo caso, recoñeceu que outros tramos aínda necesitan "un impulso", xa que quedan "fitos construtivos complicados" e que atribuíu á "complexidade orográfica", como é o caso dalgúns tramos de Zamora-Pedralba.

O ministro aludiu tamén aos Orzamentos Xerais do estado, que contemplan un enorme esforzo orzamentario en Galicia, con 898 millóns de euros, e que colocan á comunidade na cuarta posición do país en valores aboslutos e segunda en valores per cápita tras incrementar o esforzo investidor nun 53 por cento sobre o executado en 2016 e a Ourense en terceira provincia en esforzo orzamentario.

Tambiém a preguntas dos xornalistas sobre o tramo Taboadela-Ourense (a coñecida como variante exterior) dixo que se construirá de forma paralela ás obras do AVE, aínda que ADIF adiantará unha solución provisional.

Estos son as ligazóns dos medios audiovisuais que dan conta desta visita:



TVG
TVE-Galicia


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta