martes, 4 de abril de 2017

O paro rexistrado tamén baixa en marzo

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo  de 2017.
Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 34 persoas, un – 0,15 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 2.620  persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,10 %. 

O número de parados queda en 23.314, deles 10.569 son homes e 12.745 mulleres, 22.067 son maiores de 25 anos e 1.247 menores.

Por sectores, 1.326 son da agricultura, 2.857 da industria, 2.420 da construción, 14.626 nos servizos e 2.085 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en marzo en 1.868 persoas con respecto a febreiro (un – 0,88 %). O número de parados queda en 210.056, deles 94.050 son homes e 116.006 mulleres, 199.746 son maiores de 25 anos e 10.310 menores.

Por sectores, 7.793 son da agricultura, 24.349 da industria, 22.353 da construción, 138.504 nos servizos e 17.057 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia pecha marzo con 21.741 persoas desempregadas menos que hai un ano, o que supón un descenso interanual do -9,38%, situando á Comunidade Autónoma en niveis de paro inferiores ao comenzo da crise económica (hai 8 anos/marzo de 2009), é a maior caída nun mes de marzo desde hai polo menos 20 anos (De toda a serie histórica, desde 1996),reducíndose por cuarto ano consecutivo o paro nun mes de marzo.

O descenso do paro está a darse nas principais variables: baixa nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, en todos os sectores, liderando o descenso a construción (18,98%), seguido da industria (12,47%) e da agricultura e pesca (10,15%), e cae tamén nos colectivos prioritarios: Menores de 30 (-14,54%), Parados de longa duración (-10,95%, e mulleres (-7,20%).

España: 

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en marzo en 48.559 persoas en relación co mes anterior (-1,29).

Nos últimos 8 anos o desemprego aumentou en marzo, máis ou menos, en 11.585 persoas.

Durante o primeiro trimestre do ano o paro reduciuse en 657 persoas. É a primeira vez que diminúe nese período desde o ano 1.999.

Desta forma a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.702.317 persoas, e mantense no seu nivel máis baixo dos últimos 7 anos.

En termos desestacionalizados o paro baixou un mes máis e faio en 30.819 persoas.

Respecto de marzo de 2016 o desemprego reduciuse en 392.453 persoas. A redución anual do desemprego mantivo o ritmo elevado dos últimos meses ao situarse en (-9,58%), o maior descenso nun mes de marzo de toda a serie histórica.

O desemprego entre os mozos menores de 25 anos diminuíu nos últimos doce meses en 47.712, un 13,7%, unha redución superior á media xeral, que se sitúa nun 9,6%.

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado diminúe en Servizos 39.933 (-1,57%), en Construción 8.830 (-2,44%) e en Industria 5.659 (-1,66%): Pola contra sobe entre quen desempeñara a súa última ocupación na Agricultura en 1.381 (0,75%) e no colectivo Sen Emprego Anterior 4.482 (1,43%).

O paro rexistrado baixa en 16 das 17 comunidades autónomas, principalmente en Andalucía (-8.689), Madrid (-6.881) e Cataluña (-6.325). Sobe únicamente en Canarias (879).

O número de contratos rexistrados durante o mes de marzo foi de 1.732.773 o maior número de toda a serie histórica nun mes de marzo. Supón un aumento de 223.892 (14,8%)  respecto ao mesmo mes do ano 2016.

En marzo de 2017 rexistráronse 178.428 contratos de carácter indefinido, o segundo mellor dato rexistrado neste mes desde 2007. Representa un incremento de 27.702 (18,38%), 4 puntos máis do que aumentan as contratacións temporais, (14,5%).

As contratacións indefinidas representan este mes un 10,3% das novas contratacións rexistradas neste período.

A contratación indefinida a tempo completo incrementouse un 20,7% interanual, sendo esta a modalidade que máis crece, máis de seis puntos por encima do incremento rexistrado pola o total da contratación temporal (14,5%).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta