lunes, 3 de abril de 2017

Dúas boas noticias: España lidera a redución de desemprego na zona Euro, e increméntanse as matriculacións de turismos

Recibimos hoxe dúas boas noticias económicas. 

Descenso do paro:

A primeira ten que ver co tema que máis preocupa aos españois, que é o paro. 

A oficina estatística da Unión Europea EUROSTAT informa que a taxa de desemprego desestacionalizada na zona euro (ZE19) diminuíu unha décima en febreiro respecto ao mes anterior, ata o 9,5%, o seu nivel máis baixo desde maio de 2009 e oito décimas menos que en febreiro de 2016, que foi o 10, 3%.

No conxunto da Unión Europea (UE28) a taxa de desemprego situouse en febreiro de 2017 no 8%, unha décima por baixo do dato de xaneiro e nove décimas menos que un ano antes. Trátase da taxa máis baixa desde xaneiro de 2009.

En febreiro de 2017, a taxa de paro de España baixou ao 18% desde o 18,2% de xaneiro, o que representa unha caída de 2,5 puntos porcentuais en comparación con febreiro de 2016, o que supón o maior descenso anual do paro entre os países da zona euro. 

Celebro que España lidere e avance rápido na redución do desemprego no último ano. É un estímulo para seguir reduciendo as elevadas cifras de paro que aínda soportamos.

Matriculación de turismos:

Coñecemos tamén hoxe que o mes de marzo pechou cunha matriculación de 125.600 turismos no conxunto de España, o que supón un incremento do 12,6% comparado co mesmo mes do pasado ano. En Galicia matriculáronse 3.761 unidades.

Onde se pode obter unha mellor visión de conxunto da marcha do mercado fronte a un único mes, é tomando o conxunto do primeiro trimestre de 2017. 

Nel rexistráronse 307.911 matriculacións e o mercado tivo un incremento do 7,9% respecto do primeiros tres meses de 2016. En Galicia matriculáronse en neste mesmo período 10.305 unidades, un 6 % máis que no trimestre do ano 2016.

Estes bos datos teñen máis valor tendo en conta que nestes momentos non está en vigor ningún Plan de estímulos, en forma de exencións fiscais ou incentivos ao cambio de coche, para que os condutores teñan as facilidades para achatarrar o seu coche antigo e adquirir un máis eficiente, xa sexa novo ou usado de poucos anos. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta