miércoles, 5 de abril de 2017

Salientable avance da afiliación media á Seguridade Social

Onte coñecemos que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 17.910.007 ocupados en marzo, tras ascender en 161.752 persoas (o 0,91%). Trátase do maior aumento da serie histórica neste mes.

En termos interanuais, o terceiro mes do ano pechou con 604.209 afiliados medios máis, o 3,49%, as mellores cifras tanto en termos absolutos como en taxa rexistradas desde 2007. Este incremento, do mesmo xeito que o mensual, débese en gran parte ao bo comportamento do Réxime Xeral que suma 576.914 ocupados (4,10%).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 0,87%, o que se traduce nun crecemento de 27.459 persoas. O Réxime do Mar creceu en 1,05% (659) e o Carbón rexistrou un descenso de 823 persoas (-23,69%).

En termos anuais a ocupación avanza todas as provincias e Comunidades Autónomas, excepto na Cidade Autónomas de Melilla

Galicia

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 959.133 ocupados en marzo, tras ascender en 5.570 persoas, (o 0,58 %).

En termos interanuais, o terceiro mes do ano pechou con 18.585 afiliados medios máis, (o 1,98 %)

Ourense

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 99.306 ocupados en marzo, tras ascender en 282 persoas, (o 0,28 %)

En termos interanuais, o terceiro mes do ano pechou con 1.106 afiliados medios máis, (o 1,13 %)