domingo, 16 de abril de 2017

Sobre a vindeira semana de actividade parlamentaria no Congreso dos Deputados

Despois do período vacacional de Semana Santa, mañá renóvase a actividade parlamentaria no Congreso.

O secretario de Estado de Orzamentos e Gastos, Alberto Nadal, comparecerá o vindeiro martes, 18 de abril, ás 11.30 horas en Comisión para informar do grao de execución dos Orzamentos Xerais do Estado e a evolución das súas principais magnitudes, tras remitir o informe cuadrimestral correspondente. 

O mércores, ás 10.00 e ás 16.00 horas, a Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas acollerá a comparecencia do presidente deste órgano, Ramón María Álvarez de Miranda, que presentará informes de fiscalización de universidades, do Instituto Cervantes e do Consello Económico e Social, entre outros. Ademais, celebraranse o debate e votación de propostas de resolución doutros informes. 

Ese mesmo día, ás 16.00 horas, a Comisión de Asuntos Exteriores albergará as comparecencias dos embaixadores de España en Rusia e en Estados Unidos, Ignacio Ybáñez e Pedro Morenés, respectivamente, a petición da Comisión.

O embaixador en Estados Unidos responderá ademais, a petición do Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, acerca das liñas xerais de actuación da súa Embaixada para que os deputados "poidan valorar as súas prioridades e idoneidade para ese cargo".  

Os membros da Comisión de Exteriores debaterán e votarán, doutra banda, varios acordos e protocolos internacionais relativos a asuntos como a Infraestrutura a Europea de Ciencias da Vida sobre información biolóxica, o Instituto Interamericano de Cooperación para a Agricultura ou a Organización Europea para a Investigación Astronómica no Hemisferio Sur, sobre os que teñen que emitir ditame. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta