O mércores pasado tivo lugar un feito moi importante para todos
os cidadáns, que foi a posta en operación do Centro Integrado de Atencións ás
Emerxencias (CIAE-112).
Situado en A Estrada, conta cunha superficie de máis de 4.600
metros cadrados -10 veces superior á dimensión actual- que lle permitirá
acoller 77 postos iniciais de atención directa, o que supón incrementar nun
125% a atención de resposta ao cidadán. Ademais, as instalacións dispoñen dos
recursos materiais e técnicos necesarios para prestar unha resposta integral ás
emerxencias, grazas á integración doutros operadores.
O novo centro, no que se investiron algo
máis de 12 millóns de euros, aproveita as sinerxías coa Academia Galega de
Seguridade Pública (AGASP), o que permite unificar nun mesmo espazo a atención,
a xestión e formación das emerxencias, un aspecto pioneiro a nivel estatal.
A superficie do novo centro, e o seu
deseño multifuncional e adaptable, facilitará tamén prestar unha atención
integral, que é un dos principais obxectivos do novo CIAE-112. Así, as
instalacións dispoñen dos medios técnicos necesarios para permitir unha
integración paulatina doutros operadores relacionados coas emerxencias, como é
o caso do 061, ou dos representantes da Policía Nacional ou a Garda Civil.
Deste xeito, poderase ofrecer aos cidadáns unha resposta integrada, rápida,
eficaz, coordinada e sen duplicidades.
Outra das principais novidades é a nova
plataforma tecnolóxica, deseñada de xeito específico para este centro e que
permite integrar maior número de información a tempo real, o que redundará
nunha maior axilidade e precisión na toma de decisións.
Hoxe recibimos información de que o novo Centro Integrado de
Atención ás Emerxencias (CIAE-112), recibiu 6.322 chamadas nos seus primeiros
tres días de funcionamento. Desde que se atendeu ao primeiro usuario, ás 00.51
horas do mércores, prestouse servizo a 1.357 incidencias.
E que nos
primeiros tres días tras o traslado certificaron o bo funcionamento da nova
plataforma informática, xa que desde esa madrugada do mércores, tódalas
chamadas se atenderon a través deste sistema e non foi necesario botar man dos
dous plans alternativos que había previstos en caso de que xurdira algún tipo
de contratempo.
Lembrar que o
112 é o Número Único
de Emerxencias Europeo: Urxencias e emerxencias en materia
sanitaria, extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadá e protección
civil.
Dispoñible 24 horas ao día 365 días ao
ano, prestando un servizo integral:
atende calquera demanda de urxencia e emerxencia informando das actuacións a
todos os organismos que interveñen na resolución das mesmas para conseguir unha
resposta coordinada.
E sobre todo gratuíto,
sen custo algún para o usuario.
Parabens ao Vicepresidente da Xunta e Conselleiro, Alfonso Rueda, ao director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, ao xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz e a todos os traballadores do CIAE-112.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es