martes, 23 de mayo de 2017

As exportacións no primeiro trimestre do ano crecen un 14,1% e marcan o mellor trimestre da historia

Hoxe a Secretaría de Comercio do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade informa que as exportacións españolas de mercadorías no período xaneiro-marzo aumentaron un 14,1% sobre os mesmos meses do ano anterior e situáronse en 69.741 millóns de euros, máximo histórico da serie para este período e o mellor trimestre da historia. 

As importacións subiron un 16,5%, ata os 76.940 millóns. Como resultado, o déficit comercial alcanzou os 7.199 millóns de euros, un 45,6% máis que un ano antes.

As exportacións españolas rexistraron mellor evolución que as do conxunto da zona euro e a Unión Europea. A taxa de cobertura -exportacións sobre importacións- situouse no 90,6% (92,5% en xaneiro-marzo de 2016).

En termos de volume, as exportacións subiron un 13,3%, xa que os prezos, aproximados polos Índices de Valor Unitario, aumentaron un 0,8%; e as importacións subiron un 8%, ao subir os prezos un 7,9%.

O saldo non enerxético arroxa un déficit de 411 millóns de euros (987 millóns de euros de déficit no acumulado ata marzo de 2016) e o déficit enerxético incrementouse un 71,6%, ata os 6.788 millóns de euros (déficit de 3.956 millóns en 2016).

A evolución das exportacións españolas entre xaneiro e marzo foi mellor que a das principais economías -coa excepción de Reino Unido (21,4%). Na zona euro, as exportacións aumentaron un 9,5% e na Unión Europea, un 9,7%. Tamén creceron en Francia (4,2%), Alemaña (8,5%) e Italia (10%). Fóra de Europa, aumentaron as vendas exteriores de Xapón (8,5%), EEUU (7,3%) e China (4,2%).

No mes de marzo, as exportacións de mercadorías aumentaron un 16,9% sobre o mesmo mes de 2016, ata os 26.225 millóns de euros. Trátase da cantidade máis alta exportada nun só mes.

As importacións en marzo de 2017 creceron un 19,1% en termos interanuais, ata os 27.684 millóns de euros. Como resultado, en marzo de 2017 rexistrouse un déficit de 1.458 millóns de euros, un 83,3% máis que no mesmo mes de 2016. A taxa de cobertura situouse no 94,7%, 1,1 puntos porcentuais por encima da de marzo de 2016.

Galicia:

Pola súa parte Galicia continúa batendo récords de exportacións e así  a comunidade logrou o mellor rexistro histórico nun primeiro trimestre do ano. 

As vendas galegas ao exterior de xaneiro a marzo superaron nun 13,3% ao mesmo período do 2016, a anterior mellor marca.

Estas cifras son posibles grazas á boa evolución neste primeiro trimestre de sectores clave para a economía galega, como a metalurxia, cun crecemento dun 30,9%; o moble, cun 23,4%; o pesqueiro, cun 22,4%; o conserveiro, cun 21,4%; as bebidas, cun 20,6%; ou o téxtil, cun 12,7%.

Cómpre sinalar ademais que en marzo Galicia mellorou o rexistro do mesmo mes do ano anterior nun 21%, cunha suba de máis de 4 puntos por riba da media española, que rexistra un incremento do 16,9%

http://www.mineco.gob.es/stfls/mineco/prensa/fcheros/noticias/2017/170523_Informe_comex_mar_17.pdf

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta