Concluíu hoxe a XXIX Cume
Luso-Español, que se desenvolveu durante dous días en Vila Real (Portugal) coa
firma dunha declaración conxunta, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o
primeiro ministro de Portugal, António Costa.
Unha reunión centrada na cooperación transfronteiriza co
obxectivo de atender aos cidadáns de ambos os países que viven nas zonas
próximas ás fronteiras e mellorar o seu nivel de riqueza e benestar.
Neste contexto, os dous xefes de Goberno decidiron constituír un
grupo de traballo que prepare un programa integrado de cooperación
transfronteiriza e presentalo na Unión Europea, no marco das novas perspectivas
financeiras para 2020. Mariano Rajoy sinalou que se trata de "ter
definidos claramente uns proxectos nas nosas fronteiras" e actuar "de
maneira rápida e conxunta".
España e Portugal contarán con tres novos corredores
ferroviarios con todas as súas áreas electrificadas no ano 2021, segundo
avanzou o primeiro ministro de Portugal.
O presidente do Goberno destacou que os tres corredores
(Sines-Lisboa-Madrid, Aveiro-Salamanca e O Porto-Vigo) van permitir que se
reduza moito tempo no transporte de viaxeiros e de mercadorías. Ademais,
cualificou a colaboración entre ambos os países en materia ferroviaria de
"excepcional".
O xefe do Executivo español tamén se referiu ao incremento das
interconexións enerxéticas, aspecto no que considera que hai que seguir
avanzando, no marco da Unión Europea.
Así mesmo, Rajoy afirmou que ambos os Gobernos manteñen a súa
"condena incondicional e enérxica ao terrorismo" e a necesidade de
seguir colaborando na loita contra o Daesh.
O presidente do Goberno tamén apuntou que hai vontade en chegar a un "bo acordo" cos países que conforman Mercosur: "Portugal e España están a dar a batalla constantemente na Unión Europea, creo que hai avances e podemos ter algunha boa noticia a final deste ano".
Por outra banda, durante a xornada de hoxe, no marco do cume,
Mariano Rajoy e António Costa participaron nun seminario empresarial no que se
debateron formas de dinamizar a extensa relación comercial entre os dous
países.
http://www.lamoncloa.gob.es/presidente/actividades/Documents/2017/Declaracio%cc%81n%20Conjunta%20XXIX%20Cumbre%20PT-ES%20(26-05-2017)_ES.pdf