Poderán beneficiarse destas axudas as
seguintes persoas:
a) As adquirentes de vivendas de
protección autonómica de réxime especial ou xeral.
b) As adquirentes de vivendas libres de prezo
limitado, así como de vivendas usadas.
c) As adxudicatarias de vivendas de
protección autonómica de réxime especial ou xeral promovidas en réxime de
cooperativa.
d) As promotoras individuais para uso
propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral.
É requisito necesario para acceder ás
axudas os solicitantes estean acollidos ao sistema de financiamento para o
primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de vivenda e rehabilitación
2009-2012, así como ter formalizado un préstamo convido entre o 6 de novembro
de 2009 e o 31 de decembro de 2012. A Orde regula outros requisitos para
acceder ás axudas, como dispoñer de escritura rexistrada, non ter recibido
anteriores axudas para o mesmo fin, etc.
Poderán beneficiarse da axuda as persoas
que se atopen incluídas nalgún dos seguinte colectivos:
· . Unidades familiares
con ingresos que non excedan de 1,5 veces o Indicador Público de Renda de
Efectos Múltiples (IPREM)
· . Persoas que acceden
por primeira vez á vivenda.
· . Mozos menores de 35
años.
· . Persoas maiores de 65
años.
· . Mulleres vítimas da
violencia de xénero.
· . Vítimas do
terrorismo.
· . Afectados por
situacións catastróficas.
· . Familias numerosas.
· . Familias
monoparentais con fillos.
· . Persoas dependentes
ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu
cargo.
· .Persoas separadas ou
divorciadas, ao corrente do pago de pensións alimenticias e compensatorias.
· Persoas sen fogar ou
procedentes de operacións de erradicación do chabolismo.
· . Outros colectivos en
situación ou risco de exclusión social determinados pola comunidade autónoma.
O importe da axuda será de 2.000 euros por
cada colectivo no que se atope incluído o beneficiario.
Por outra parte, ás persoas sen fogar ou procedentes
de operacións de erradicación do chabolismo, así como ás persoas emigrantes
retornadas nos dous anos anteriores ao momento da solicitude e que se atopen en
especial situación de necesidade, corresponderalles, como subvención, o 25 por
100 do prezo total da vivenda que figura na correspondente escritura de
compravenda ou adxudicación ou, no caso de promoción individual para uso
propio, a suma dos valores da edificación e do solo que consten na escritura de
obra nova. Nestes casos, a subvención terá un límite de 17.000 euros e os
ingresos familiares non poderán exceder de 1,5 veces o Iprem.
O prazo de presentación de solicitudes
será dun mes contado a partir de mañá, 25 de maio.