sábado, 6 de mayo de 2017

Galicia aposta polo turismo tranquilo de máxima calidade

Onte en Compostela tivo lugar a presentación da Estratexia de Turismo de Galicia 2020  na que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, hoxe a aposta de Galicia polo “turismo tranquilo, polo slow turismo de máxima calidade” para seguir batendo récords de visitantes e no que os turistas desfruten sen présas do patrimonio, da historia, da cultura e da natureza da Comunidade.
“Un destino tranquilo, pensando para perdurar no tempo, co acento posto na sustentabilidade, ao que non lle dea vertixe ofrecer novos produtos turísticos e experiencias diferentes a outros lugares”, dixo, ao que engadiu que para iso, o Goberno galego destinará máis de 240 millóns de euros nestes catro anos, para consolidar a marca Galicia, “para que Galicia non sexa unha moda pasaxeira senón un destino indispensable para a axenda de calquera turista ou viaxeiro”.
Feijóo incidiu tamén na necesidade dun traballo conxunto co sector “porque non só queremos que os turistas veñan senón que os turistas volvan”.
Co obxectivo de fidelizar os visitantes e impulsar a imaxe de Galicia como destino turístico único, Feijóo avanzou a creación da Tarxeta do turista que suporá importantes descontos e facilidades para o transporte e avogou por potenciar ao máximo a Ruta Xacobea de cara ao ano santo 2021, e para dar a coñecer os bens patrimonio da humanidade, os parques naturais e para consolidarnos tamén como unha referencia termal.
Unha estratexia dinámica e participativa:
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta referiuse a esta estratexia como unha folla de ruta transversal, dinámica e participativa. Unha folla de ruta que contempla Galicia como un todo; que será revisada de xeito periódico para adaptala á conxuntura de cada momento; que implicará todo o tecido social; e que foi elaborada en colaboración co Clúster de Turismo e coas tres universidades galegas, a través de 28 mesas de traballo, 80 entrevistas individuais e 300 enquisas.
Feijóo concluíu facendo fincapé en que con esta iniciativa Galicia segue mirando cara ao futuro, cuns ambiciosos obxectivos para 2020: cara aos 6 millóns de turistas; cara aos 2 millóns de turistas internacionais; cara aos 60 euros de gasto medio por habitación hoteleira; e cara a un incremento de catro puntos porcentuais na ocupación do turismo rural.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta