lunes, 1 de mayo de 2017

No 1º de Maio apostando por unha recuperación social na que se cre máis e mellor emprego

Hoxe, primeiro de maio, celebramos o Día Internacional do Traballo, un día reivindicativo dos dereitos do mundo laboral no que reafirmamos o obxectivo de seguir traballando para axudar a aquelas moitas persoas que aínda están a busca dun posto de traballo, especialmente as mulleres, os mozos e os parados de longa duración.

É certo que os últimos datos de emprego publicados por Eurostat evidencian que no noso país foi onde máis baixou o paro na zona euro. Un de cada dúas persoas que abandonaron o desemprego no último ano fíxoo en España. 

O último dato do paro rexistrado en Ourense  (marzo 2017)  amosaba que o número de parados era de 23.314 persoas. Unha cifra aínda elevada pero inferior en 2.620  persoas a de marzo de 2017, o que representa unha cáida interanual do – 10,10 %.

Non cabe a compracencia, estamos comprometidos cunha recuperación moi social, na que se cre emprego en todos os sectores económicos, entre todos os grupos de idade, e en todas as comunidades autónomas e provincias.

Queda moito por facer e para afianzar a senda da recuperación e cumprir o obxectivo que trazamos de alcanzar os 20 millóns de empregos en 2020.

Para iso é necesaria a estabilidade política e os grandes consensos que permita traballar nas medidas que a economía e a creación de emprego de calidade requiren. A desigualdade só diminuirá de forma importante cando a taxa de paro sitúese en contornas normais, por baixo do 10% no que están a maior parte de países europeos.

Debemos pois insistir no consenso e o diálogo permanente cos sindicatos e empresarios, xa que mediante a concertación lograremos acadar mellores solucións para conseguir unha sociedade onde o emprego e as relacións laborais sexan consistentes

Féliz día do Traballo!

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta