O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2017, que foi defendido polo ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, continúa a súa tramitación parlamentaria ao quedar rexeitadas, tras tres empates sucesivos, as sete emendas á totalidade que pedían a devolución ao Goberno.
O artigo 88 do Regulamento do Congreso establece que en caso de empate nunha votación repítese a mesma, e se se volve a producir empate tras un tempo establecido pola Presidencia convócase unha terceira. Nese caso, se se igualan de novo o número de votos positivos e negativos, queda rexeitada a emenda, proposta ou ditame, que se se está sometendo a votación, neste caso as emendas de devolución.
O axustado desta votación obrigou a todos os deputados, a extremar o coidado á hora de pulsar o botón do noso sistema de votación no escano. Hoxe non houbo erros en nengunha das tres votacións, era moito o que estaba en xogo.
O axustado desta votación obrigou a todos os deputados, a extremar o coidado á hora de pulsar o botón do noso sistema de votación no escano. Hoxe non houbo erros en nengunha das tres votacións, era moito o que estaba en xogo.
Unha vez superado o debate de totalidade deste proxecto, que goza de prioridade na tramitación, tal e como establece o Regulamento da Cámara, os deputados e grupos parlamentarios teñen de prazo ata mañá, 5 de maio, para presentar emendas ao articulado, que serán estudadas en relatorio e posteriormente debatidas e votadas na Comisión de Orzamentos.
A Comisión elaborará un ditame, antes do 26 de maio, que debe ser debatido e votado en Pleno, xunto cos votos particulares e as emendas que os grupos parlamentarios manteñan vivas. Neste debate, que terá lugar entre o 29 de maio e o 1 de xuño, cada ministro expón as partidas que lle corresponden e os grupos defenden as súas emendas ás distintas seccións.
O texto que aprobe o Congreso continuará a súa tramitación no Senado. Se a Cámara Alta non o modifica, os Orzamentos quedan aprobados, e no caso de que introduza emendas ou vaiche o proxecto, este volverá ao Pleno do Congreso para que decida se mantén ou revoga os cambios ou, no seu caso, levante o veto.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta