Hose
mesmo a conselleira de Infraestruturas e Vivenda Ethel Vázquez destacaba en
rolda de prensa que esta integración ten, “ademais, unha serie de vantaxes como
que os escolares terán blindada a atención das súas necesidades e o servizo
mellorará grazas a figura do acompañante”. O resto da poboación, subliñou,
tamén desfrutará de distintas melloras, posto que o Plan contempla moitas máis
paradas nas que coller o autobús. A primeira fase deste plan permitirá por exemplo que o 90% de ourensáns terán unha parada de autobús a menos de 500 metros do seu fogar, ao integrarse nas liñas de uso xeral un total de 293 rutas escolares, o 58% do total.
A responsable
de infraestruturas do Goberno galego remarcou que, no eido empresarial, tamén
contarán con melloras, “xa que terán uns ingresos mínimos garantidos sen
necesidade de que nin Administración nin os usuarios teñan que gastar máis”.
Esta mellora tamén pode resumirse noutras cifras representativas como que: os
contratos de uso xeral actualmente vixentes, supoñían que os autobuses
percorrían algo máis de medio millón de quilómetros ao ano e cos novos
contratos, nas zonas de implantación desta primeira fase do Plan de Transporte
Público incrementa este número máis que duplicando, para chegar a 1,2 millóns
de km.
Onte comezou a información pública deses 42 novos contratos, 15 en Ourense, que están colgados na nosa páxina web
para que nos vindeiros 10 días; para que calquera persoa poida presentar as
achegas que consideren oportunas e as empresas de transporte poidan mostrar o
seu interese por ser as prestatarias do servizo. Os anteproxectos dos contratos
de explotación poden consultarse na web da Consellería de Infraestruturas e
Vivenda: http://civ.xunta.gal/tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros
e os interesados poden presentar alegacións durante dez días.
Vázquez Mourelle aclarou que “unha vez
rematado este proceso estudaremos as alegacións para, ao longo do mes de xuño,
aprobar os proxectos definitivos e iniciar a súa contratación de cara a que en
agosto se comece a implantación dos novos servizos”.
Sinalar que cos novos contratos duplicaranse o
número de paradas de autobús xeral e 1,7 millóns de persoas terán unha parada a
menos de 500 metros da súa casa. A conselleira concretou que, grazas á
integración de 500 liñas de transporte escolar no transporte regular, pasarase
de 2.100 a 4.500 paradas de autobús de transporte regular
Características
dos novos contratos
Nestes anteproxectos cómpre definir as liñas,
rutas, horarios e paradas ás que estará obrigado o contratista para cada zona
territorial de Galicia concreta. Defínense aí os transportes escolares que se
integrarán no transporte xeral, priorizando a prestación do adecuado servizo
aos centros escolares. Isto empezará a ser efectivo co inicio do curso e
estableceranse sistemas para que funcione fóra do período lectivo mediante unha
reserva do servizo.
Tamén se especifican o número de vehículos
necesarios para levar a cabo a concesión, establecendo unha media de 13
autobuses por contrato para adecualos á realidade do sector, moi atomizado con
pequenas e medianas empresas de transportes. Deste xeito, resultará doado que
case calquera empresa, en solitario ou en UTE con outra, teña capacidade para
optar a eles.
Os anteproxectos recollen tamén as tarifas
base que se resumen nun prezo por billete de transporte escolar que pagará a
Administración directamente ao transportista e un prezo por billete para
usuario non escolar que pode ser, en función dos km, e unha tarifa única para
toda Galicia de 1,40 euros para os viaxeiros de curto percorrido.
Estes contratos terán unha duración de 22
meses, prorrogables por outros dous en caso de ser necesarios e neles anticipar
solucións e fórmulas para avaliar o seu funcionamento e, en decembro de 2019,
poñer en marcha a reordenación integral do transporte público en Galicia.
Aproveitar
sinerxías
O espírito do Plan é que o transporte chegue
ata onde non chegaba, aproveitando as sinerxías; mellorar servizos e coordinar
horarios entre autobuses e coas necesidades veciñais; e ter unha especial
consideración cos veciños do rural.
Estes contratos inician o necesario proceso de
modernización e optimización do transporte público iniciando, nalgúns lugares,
un aproveitamento dos asentos baleiros dos autobuses escolares e que xa, nesta
primeira fase, configurará unha mellora palpable en moitos concellos de
Galicia, especialmente no rural.
Os obxectivos deste Plan son garantir os
servizos; racionalizar a oferta, de forma que no lugar e no momento en que
estea acreditado que fai falta, haxa o tipo de vehículo necesario para prestar
o servizo de transporte público; e aproveitar as sinerxías, especialmente as
que ofrece o transporte escolar no
rural.
Traballo
exhaustivo e participado
A conselleira explicou que no marco desta
primeira fase, a Xunta dividiu o territorio en seis zonas e adxudicou seis contratos
a consultoras especialistas na materia que realizaron un exhaustivo análise da
realidade do transporte público en cada municipio, tomando nota das demandas e
das carencias.
Configurouse tamén un panel de expertos en
transportes, que veñen realizando un labor de coordinación dos diferentes
estudos de xeito que en ningún momento se perda a perspectiva global. Ademais
mantivéronse reunións con todos os concellos e enviáronselle 279 enquisas,
con169 respondidas.
Con todo o material resultante desa análise a
Xunta planificou a mellor forma de manter os servizos públicos de transporte e
mellorándoos en todo o posible. O resultado desa planificación son os proxectos
de explotación, mediante contratos, das liñas de transporte público que hoxe
inician o seu proceso de información pública.
Ethel Vázquez puxo o acento no nivel de
exhaustividade deste traballo de estudo e planificación concentrado en tan
curto período de tempo.
Precisou que para avaliar estes anteproxectos
foi preciso achegarse a practicamente 200 concellos para analizar o transporte
que hai na actualidade, o que se necesita e o mellor xeito de atender esas
necesidades, tendo en conta factores tan dispares como o día de feira, de
subministro do sintrom no centro de
saúde ou a ubicación do concello.
Garantía de postos de traballo no sector:
Engadir que a Xunta
asegura que "un dos obxectivos do novo Plan de Transporte Público de Galicia é
garantir os postos de traballo no sector".
Neste sentido a consellería de Infraestruturas e Vivenda dixo que "volverá convocar os representantes dos traballadores para dar resposta ás súas
preocupacións sobre o proceso. E que a Xunta cumprirá
escrupulosamente en materia de subrogación de traballadores no momento en que
se liciten os contratos."
Destacaou a Conselleira que "a obriga de incorporar un
acompañante a todas as rutas que integren o transporte escolar e o regular
eleva a seguridade por riba dos estándares legais e aumentará os postos de
traballo no sector".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta