martes, 16 de mayo de 2017

Xunta e o Concello de Ourense avanzan na tramitación urbanística do proxecto da estación intermodal

Xunta e o Concello de Ourense avanzan na tramitación urbanística do proxecto da estación intermodal da cidade co inicio do procedemento de información pública por parte da Administración local, que publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia o seu anuncio.

Os interesados poderán presentar alegacións durante un prazo de 20 días hábiles, período tras o que o Concello de Ourense disporá de 10 días para emitir o o preceptivo informe municipal.

A Xunta, o Concello de Ourense e o Ministerio de Fomento acordaron tramitar conxuntamente o proxecto a través da Lei de medidas en materia de proxectos públicos urxentes ou excepcional interese co obxectivo de licitar as obras este ano. Esa norma, aprobada pola Xunta o pasado ano, está destinada a facilitar a execución de actuacións estratéxicas que non estean recollidas nas normas urbanísticas.

A tramitación mediante esta norma permitirá que a estación intermodal de Ourense conte nun prazo razoable co amparo urbanístico e a seguridade xurídica necesaria para iniciar a contratación das obras dos diferentes elementos que a compoñen. En concreto, a Xunta financiará o 100% da nova estación de autobuses e case o 70% do aparcadoiro subterráneo.

Cómpre lembrar que a estación intermodal de Ourense comprende a nova terminal de autobuses integrada na terminal ferroviaria, a adaptación da estación de ferrocarril e elementos de conexión entre barrios. Construirase, ademais un aparcadoiro subterráneo con dúas plantas e máis de 300 prazas.

Esta infraestrutura constituirá o principal nó de comunicación de viaxeiros de toda a provincia, facilitando os desprazamentos tanto aos veciños da cidade como do resto de concellos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta