Moderou o acto Ricardo Babío, Decano do Colexio de
Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia de Galicia, que deu en primeiro lugar
a palabra a Juan José Lamas, subdirector de proxectos de ADIF, que se referiu
ao Convenio Marco de Colaboración subscrito o 22 de xuño de 2016 entre o
Ministerio de Fomento, a Xunta, o Concello de Ourense e ADIF AV, que persegue
tres grandes obxectivos: a intermodalidade, a integración urbana do ferrocarril
e dotar de boas instalacións á estación de Ourense. Adif Alta Velocidade
executará e financiará as obras de adaptación da estación de ferrocarril aos
servizos de alta velocidade cun total de 140 millóns de euros (IVE incluído). O
proxecto complétase cos 10 millóns (IVE incluído) que a Xunta investirá no
desenvolvemento da estación de autobuses e o aparcadoiro subterráneo.
E que finalizado o proxecto da intermodal, a terminal
potenciará a súa función de nó ferroviario distribuidor desde a meseta cara ao
resto de liñas de ferrocarril da comunidade galega, facilitando o seu
desenvolvemento e a cohesión territorial, xunto coa terminal de autobuses
lindeira.
A continuación falou o arquitecto Pablo Uranga do equipo
de arquitectos Foster+Partners presentando o proxecto para o desenvolvemento da
nova estación ferroviaria de Ourense, financiada por Adif Alta Velocidade e
integrada dentro dunha estratexia global urbana nun espazo intermodal onde se
situará tamén a estación de autobuses.
O proxecto no seu conxunto, no que tamén participaron o
estudo ourensán de Juan Carlos Cabanelas e a enxeñería pública Ineco, mellora
especialmente a permeabilidade da cidade mediante conexións peonís e rodadas e
unha nova praza como espazo público de reunión, así como un edificio máis amplo
para viaxeiros.
Entre as actuacións para a adaptación da estación de
Ourense aos novos servizos de alta velocidade figuran as seguintes:
- Construción de dúas novas plataformas e catro vías en
ancho estándar para os novos servizos de alta velocidade, mantendo a praia de
vías de ancho ibérico na súa localización actual. Coa nova configuración de
vías conséguese a segregación dos tráficos, permitindo un mellor control e
xestión dos mesmos. Isto facilita así mesmo a execución das obras por fases,
mantendo en funcionamento a estación actual.
- Construción dunha nova pasarela elevada sobre vías en
substitución do paso inferior existente. Esta pasarela contará con núcleos de
comunicación vertical (fixas e ascensores) cumprindo con todos os requisitos en
materia de accesibilidade.
- Execución dun novo aparcadoiro subterráneo baixo a
praza da estación con capacidade para 300 prazas aproximadamente.
- Reordenación da praza da estación sobre o novo
aparcadoiro subterráneo, incluíndo bolsa de taxis, zonas de parada momentánea, aparcadoiro de motos e bicicletas, etc.
- Desta forma defínese unha nova praza peonil cuberta na
fronte da estación actual, que funciona como nodo intermodal e gran espazo
público representativo, que conecta a estación de ferrocarril, a nova estación
de autobuses, o novo aparcadoiro subterráneo e a nova pasarela peonil urbana
entre os barrios de “O Vinteun” e ”A Ponte”.
- Os problemas de permeabilidade solucionaranse mediante
a execución da pasarela peonil xa mencionada, un novo viario e unha laxa sobre
vías, que se integrará coa trama urbana creando novos espazos públicos e zonas
axardinadas para goce da poboación.
- A proposta arquitectónica de Foster+Partners e o estudo
de Juan Carlos Cabanelas configúrase como unha gran cuberta formada por unha
serie de planos de formigón sobre esveltos alicerces, entendida como a forma
máis eficiente e con mínimo mantemento para proporcionar protección fronte ás
choivas e a calor estival de Ourense.
Concibido como un sistema modular que permite futuras
ampliacións, a cuberta intégrase co edificio histórico abrazándoo e tomando a
cor do seu granito, e esténdese sobre a nova praza de acceso. Este espazo queda
liberado de coches tras crear o novo aparcadoiro subterráneo, xerando así un
ámbito público dinámico e parcialmente cuberto con espazos comerciais na
fachada da estación.
- Desde esta praza accédese ao vestíbulo da ampliación,
un novo espazo de tripla altura repleto de luz natural, onde se conservan e
realzan os frescos orixinais que hoxe locen neste lugar. Desde este punto, e a
través da zona de ampliación, pódense ver todas as vías creando así un uso
intuitivo e sinxelo da estación.
Logo interveu o enxeñeiro de INECO, Tomás Mañas que falou
da operativa ferroviaria explicando as características da estación de Ourense,
na que o transbordo representa o 60 % e que as actuacións a realizar potenciarán
o carácter central desta estación.
Informou das perspectivas de crecemento do número de
pasaxeiros que esperan evolucións desde os 700.000 viaxeiros ao 1.000.000 nun
futuro moi próximo. Ademais, explicou a prevista remodelación de
vías e andenes que no require tramitación previa ambiental e permitirá a
licitación da obras no cuarto trimestre de 2017.
Falou de
que construiranse dúas novas plataformas e catro vías en ancho estándar para os
novos servizos de alta velocidade, mantendo a praia de vías de ancho ibérico na
súa situación actual.
Finalmente interveu a arquitecta Lorena
Pardiñas, que explicou o proxecto da nova estación de autobuses que estará integrada
nas inmediacións do actual edificio ferroviario. Unha actuación financiada pola
Xunta de Galicia que recibirá fondos do FEDER a través do seu
Programa Operativo Galicia 2014-2020.
A solución deseñada por Proyfe incluirá os accesos á nova
estación de autobuses, tanto rodados como peonís e a súa conexión co viario
actual e previsto no plan. Todo iso buscando a máxima integración entre ambos
os medios de transporte co obxectivo de potenciar as súas sinerxias.
A estación de
autobuses disporá e 15 dársenas de viaxeiros máis outras tres de regulación,
xunto cun vestíbulo de máis de 400 metros cadrados. Así mesmo, vinculado á
estación de autobuses executarase un aparcadoiro subterráneo con 300 prazas que
permitirá recuperar para o uso urbano o espazo ante a estación ferroviaria, que
se reconverterá en praza.
Ao finalizar
estas intervencións, o público asistente puido facer preguntas aos relatores
que deron cumprida resposta.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta