A cidade de Ourense acolle desde onte e ata o domingo 10 de xuño os actos de celebración do Día
de Portugal, Camões
e das Comunidades Portuguesas en Galicia.
As actividades comezarán a sexta–feira, o venres, logo do
mediodía coa apertura da feira de Artesanía e Gastronomía na Praza de Bispo
Cesáreo, na que tamén pódese bailar ao ritmo das agrupacións tradicionais de
folclore. Ata 23 cámaras municipais, 23 concellos de Portugal, virán a
conmemoración da morte, en 1580, do poeta Luís Camões, o día nacional de
Portugal.
As 23 cidades portuguesas son: Amarante, Arcos de Valdevez,
Baião, Braga, Caminha, Celorico de Bastos, Chaves, Cinfães, Marco de Canaveses,
Mondim de Bastos, Montalegre, Penafiel, Ponte da Barca, Ponte da Lima, Póvoa de
Varzim, Resende, Santo Tirso, Valença, Viana do Castelo, Vila do Conde, Vila
Nova de Cerveira, Vila nova de Famalição e Vila Pouca de Aguiar.
As 20 horas tivo lugar no Liceo Recreo Ourensán un acto
institucional de recepción dos nosos veciños que contóu coa presenza do
presidente do Parlamento de Galicia,Miguel Santalices, do Vicepresidente da
Xunta, Alfonso Rueda, do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad e do vicecónsul do país veciño en Galicia,
Manuel Correia Da Silva, entre outras moitas autoridades, e representacións políticas, sociais e económicas de
Portugal e España
E logo ás nove da noite escoitamos na Praza Maior e diante de moito
público a coñecida cantante lusa afincada en Galicia, María do Ceo. Hoxe actuará Gonzalo Guerreiro.
Féliz día de Portugal!