Asistín primeiro á santa misa na Catedral presidida polo bispo e ao finalizar á procesión que percorreu a rúa Santo Domingo para dirixirse cara ao Parque de San Lázaro, e retornar polo Paseo ata a parada da Praza Maior e, finalmente, volver á Catedral.
Moitos fieis ourensáns foron seguiron o percorrido, no que desfilaron seis estandartes, cinco pendóns, a custodia, os sacerdotes co bispo D. Leonardo Lemos Montanet no centro, o palio, e a representación política e representantes das forzas de seguridade, á cabeza.
Seguidamente, marchaba a Corporación municipal con Jorge Pumar como portador do estandarte do Concello, seguido polo alcalde, Jesús Vázquez, e varios concelleiros que portaban a medalla da Corporación.
A banda de música da Brilat e o público devoto pecharon esta procesión ata a Praza Maior, onde houbo un baile a cargo de Queixume dos Piñeiros e unhas ofrendas florais dos nenos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta