Mañá as súas
Maxestades os Reis, don Felipe e Dona Letizia, presidirán unha Sesión Solemne
das Cortes Xerais para celebrar o 40 aniversario das eleccións de 1977, nas que
se elixiu o Congreso e o Senado da Lexislatura Constituínte.
Os Reis chegarán ás
11:50 horas á Carreira de San Jerónimo e serán recibidos a pé de coche polos
presidentes do Goberno, Mariano Rajoy; o Congreso, Ana Pastor; o Senado, Pío
García Escudero, o Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas; e o
Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes.
Antes de entrar no
Palacio pola Porta dos Leóns, don Felipe e dona Letizia saudarán aos
vicepresidentes e secretarios que forman a Mesa do Congreso e a do Senado, e
pousarán na escalinata para unha fotografía de familia cos deputados e senadores
das Cortes Constituíntes.
Unha vez no
Vestíbulo da Raíña, os Reyes saudarán aos membros da Xunta Directiva da
Asociación de Exparlamentarios das Cortes Xerais, e fotografaranse xunto á
placa en memoria de quen tivo a honra de representar aos españois nas Cámaras
lexislativas.
En torno ao
mediodía dirixiranse ao Salón de Pasos Perdidos para saudar aos ministros, ao
xefe do partido maioritario da oposición, Pedro Sánchez, aos presidentes das
comunidades autónomas, e os portavoces dos grupos parlamentarios no Congreso e
o Senado. Neste Salón terá lugar a cerimonia de entrega de insignias
conmemorativas aos parlamentarios que formaron parte das Cortes Constituíntes.
Sesión Solemne.
Ás 12:30 horas está
previsto o comezo da Sesión Solemne no Hemiciclo. Os Reis entrarán directamente
á Mesa Presidencial do Salón de Sesións e escoitarán a interpretación do Himno
Nacional.
A presidenta do
Congreso abrirá a sesión e pronunciará un discurso, para dar paso á
intervención da súa Maxestade o Rey, quen se dirixirá aos deputados e senadores
nesta sesión conxunta das Cortes Xerais.
Finalizada a Sesión
Solemne, os Reis, xunto aos presidentes das altas institucións do Estado e os
relatores constitucionais, dirixiranse ao Vestíbulo de Ampliación III para
inaugurar a exposición "40 anos das primeiras eleccións
democráticas".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta