miércoles, 28 de junio de 2017

Formulada declaración de impacto ambiental favorable do tramo Taboadela- Seixalbo

O BOE de hoxe publica a Resolución do 13 de xuño de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto Integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense, tramo Taboadela-Seixalbo.



O promotor do proxecto é ADIF-Alta Velocidade e o órgano substantivo é a Subdirección Xeral de Planificación Ferroviaria da Secretaría Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento. 

O tramo Taboadela-Seixalbo pertence á primeira parte da integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense.

O obxecto do proxecto é a mellora do acceso a Ourense da liña de altas prestacións procedente de Zamora. Proponse unha Alternativa Modificada á Alternativa DIA para liquidar problemas detectados nesta debido ás malas condicións geotécnicas dos materiais atravesados en certas zonas do túnel.

Preténdese evitar o paso baixo o río Mesón de Calvos para evitar a falla rexional detectada nesta zona o que implica elevar a traza e por tanto tamén se desprazou o trazado en planta para evitar as afeccións ás edificacións existentes. Na Alternativa DIA baixo os núcleos de poboación de Espiñeiro e Santa Leocadia poderíanse producir chemineas con afección sobre as edificacións ou instalacións en superficie. 

A zona de estudo sitúase integramente na provincia galega de Ourense, nos municipios de Ourense, San Cibrao das Viñas e Taboadela. O tramo Taboadela-Seixalbo desenvólvese entre os pp.kk. 700+000 e 709+530 do estudo informativo orixinal, o tramo anterior é Ponte Ambía-Taboadela e o seguinte é Seixalbo-Estación de Ourense.

No estudo informativo sometido a información pública analízanse dúas alternativas: a Alternativa DIA, que é a aprobada na DIA formulada mediante Resolución do 25 de novembro de 2011, e a Alternativa Modificada que é a que se propón para substituír á anterior.

O promotor realizou unha comparación ambiental de ambas as e unha análise multicriterio. Desde o punto de vista desta análise a alternativa mellor valorada é a Alternativa Modificada.

A avaliación ambiental do proxecto de Integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense, tramo Taboadela-Seixalbo realizouse a partir da información e a análises técnica remitidas polo promotor (documento ambiental, proxecto cve: BOE-A-2017-7461 Verificable en http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO Núm. 153 Mércores 28 de xuño de 2017 Sec. III. Páx. 54710 básico e estudo de impacto ambiental) e do resultado da participación pública (consultas previas e información pública). 

En consecuencia, a Secretaria de Estado de Medio Ambiente, á vista da proposta da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, formula declaración de impacto ambiental favorable á realización do proxecto Integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense, tramo Taboadela- Seixalbo ao concluírse que a condición de que se autorice a alternativa modificada e nas condicións anteriormente sinaladas, que se deducen do proceso de avaliación, non producirá impactos adversos significativos.

Sen dúbida unha moi boa noticia!



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta