O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos
oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2017.
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior
en -382 persoas, un - 1,66 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano
pasado, 2.424 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída
do desemprego do – 9,69 %.
O numero de parados queda en 22.585, deles 10.034 son
homes e 12.551 mulleres, 21.287 son maiores de 25 anos e 1.298 menores.
Por sectores, 1.210 son da agricultura, 2.708 da industria,
2.266 da construción, 14.297 nos servizos e 2.104 do colectivo sen emprego
anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia baixou en maio en 4.991
persoas con respecto a abril (un – 2,44 %) .
É a segunda maior baixada desde o inicio da crise económica nun mes de maio situando o paro a niveis inferiores aos de hai 8 anos (maio 2009) sendo xa máis de 3 anos e medio de baixadas consecutivas, desde novembro de 2013,e reducíndose por cuarto ano consecutivo o paro nun mes de maio.
Temos xa 84.248 parados menos que hai catro anos, (maio 2013).

O número de parados
queda en 199.638, deles 88.000 son homes e 111.638 mulleres, 189.716 son
maiores de 25 anos e 9.922 menores.
Por sectores, 7.386 son da agricultura, 23.108 da
industria, 20.460 da construción, 131.594 nos servizos e 17.090 do colectivo
sen emprego anterior.
O paro baixa nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, en todos os sectores, liderando o descenso a construción (-20,26%), seguido da industria(-12,61%) e da agricultura e pesca (-10,64%) e cae nos colectivos prioritarios da Xunta: menores de 30 anos (-12,56%), parados de longa duración (-10,61%) e mulleres (-7,22%).
A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 20.826 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,45 %. Unha redución que supera en 2,48 puntos a caída reflectida o ano pasado.
A calidade no emprego segue crecendo: a contratación en xeral sube nun 14,40%, asinándose 11.028 contratos máis que en maio do pasado ano. A indefinida aumenta nun 14,92%, superando en medio punto o reflectido na temporal(14,36%) e a contratación a tempo completo crece nun 17,12%, case cinco puntos máis que a contratación a tempo parcial (12,22%).
Estos positicos datos amosan que o paro leva baixando de xeito consecutivo desde principios de ano, o que supón unha boa progresión para cumprir o obxectivo marcado pola Xunta coa Axenda 20: a creación de entre 80.000 e 100.000 novos postos de traballo ata 2020

España:
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal baixou en maio en
111.908 persoas en relación ao mes anterior.
No últimos oito anos o paro rexistrado había diminuído máis ou
menos, neste mesmo mes, en 82.000 persoas.
Así, a cifra total de parados rexistrados no mes de maio
sitúase en 3.461.128.
Por cuarto ano consecutivo o paro diminúe en maio en máis de 110.000 persoas.
En termos desestacionalizados o paro redúcese no mes de maio en
39.566 persoas. É a maior redución de toda a serie histórica nun mes de maio.
Nos 12 últimos meses, o paro diminuíu en 430.275 persoas, acelerando un mes máis o ritmo anual de redución que se sitúa
no 11,06 %.
O desemprego dos mozos menores de 25 anos redúcese en maio en
12.057 persoas, (-4,30%) respecto ao mes anterior. Destaca na comparativa interanual a evolución do paro entre os mozos
menores de 25 anos que diminuíu en 56.832 Desta forma o desemprego juvenilse
reduce un 17,5% en termos interanuais, por encima da media
xeral do 11%.
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o
paro rexistrado baixa en todos os sectores. En Servizos diminúe en
70.994 (-2,94%), en Construción redúcese en 14.907 (-4,34%), en
Agricultura baixa en 11.677 (-6,74%), en Industria baixa en 10.724 (-3,28%)
e no colectivo de sen emprego anterior redúcese en 3.606 persoas
(-1,15%).
En canto ás Comunidades Autónomas o paro rexistrado baixa nas 17, principalmente en Andalucía (-23.095), Cataluña (-16.261) e
Madrid (-9.908).
O número de contratos aumenta un 16%
O número de contratos rexistrados durante o mes de maio foi de
2.027.569.
Representa unha subida de 279.120 (15,96%) sobre o mesmo mes do ano pasado, e supón o maior número de contratacións de
toda a serie histórica en calquera mes.
A contratación acumulada nos cinco primeiros meses do 2017
alcanzou a cifra de 8.450.938, o
que supón un incremento do 11,59%, 877.470 contratos máis.
En canto á contratación indefinida no mes de maio rexistráronse 167.267, que significa un aumento 21.507 (14,76%) sobre igual
mes do exercicio anterior. Encadéanse así 40 meses de incremento da contratación estable.
En datos acumulados realizáronse 798.337 contratos indefinidos
ata maio deste ano, o que supón un incremento de 91.010 (12,87%)
sobre o mesmo período de 2016. Este incremento ascende ao 13,6% no
caso dos contratos indefinidos a tempo completo.