Asisto esta mañá as doce horas a un acto dun minuto de silencio que os funcionarios,
persoal da Administración Períférica do Estado e cidadáns de Ourense gardarmos
na porta da Subdelegación do Goberno, en repulsa polo atentado perpetrado o
sábado á noite na cidade de Londres.
Compartimos a dor dos familiares das vítimas falecidas nestes
covardes ataques e expresamos os nosos máis vivos desexos dunha pronta
recuperación dos feridos.
Transmitimos ao pobo e as autoridades británicas nosa
total solidariedade e apoio na loita contra o terrorismo.
Como mostra da dor, as bandeiras do edificio da Subdelegación ondearán a media
asta dende as 09:00 horas do día de hoxe ata as 09:00 horas do día 7 de xuño.