sábado, 8 de julio de 2017

No Congreso Local de Ourense de Novas Xeracións


Co novo presidente
Asisto hoxe no centro cultural Marcos Valcárcel ao Congreso Local de Novas Xeracións do Concello de Ourense.


Na apertura este congreso local falou o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, que pediu “autenticidade e espontaneidade política” aos mozos convocados

E reclamou aos mozos “ideas propias para aplicar nos territorios onde desenvolvedes o voso labor político”, destacando que “todo parte da premisa de crer en Ourense e saber cara onde queremos ir, o que permite imaxinar, innovar, planificar e xestionar”.

Foi elixido novo presidente Serxio María Rodríguez Álvarez, que tivo palabras de agradecemento para todos os compromisarios que lle apoiaron, para o presidente saínte, José Estévez e mailo presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente.

Serxio, nun completo e ilustrado discurso, comprometeuse a traballar “en positivo para Ourense nun escenario político pouco construtivo, cun proxecto galeguista e centrista como o que representa o PP”. 

Tamén en clave política dixo estar a disposición de todos os afiliados, dos representantes dos diferentes distritos da capital e dos concelleiros populares “porque para nós o proxecto de Jesús Vázquez é o que verdadeiramente necesita esta cidade”. Entre os seus obxectivos citou “traballar para os todos os mozos desta cidade, facendo énfase no ámbito universitario, nos mozos que están a procurar traballo e aqueles que están a pasar por maiores dificultades”.

Destacóu a importancia da formación dos integrantes desta organización xuvenil e da necesidade da presencia na Universidade.

Anunciou o nomeamento de Roberto Bermúdez como presidente de honra de Novas Xeracións na provincia. Unha decisión que foi respaldada con grandes aplaúsos.

Na clausura do congreso interviron o presidente nacional e autonómico de Novas Xeracións, Diego Gago, o presidente provincial da organización, José Antonio Parente, e o presidente da xunta local do PP de Ourense, Jesús Vázquez, que tiveron palabras de recoñecemento para o equipo saínte e pediron o compromiso do nova directiva para demostrar que a mocidade tamén pode compatibilizar formación e traballo coa vocación política.

A miña noraboa á Serxio, un mozo intelixente e a todo o seu gran equipo. Moita sorte!


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta