Esta mañá os deputados gardamos un minuto de silencio no Pleno do Congreso en memoria de Miguel Ángel Blanco, con motivo do vixésimo aniversario do seu asasinato. Coa emoción de estar entre nós a súa irmá Marimar Blanco.
A presidenta, Ana Pastor, lembrou tras abrir a sesión que aquel atentado "espertou un estalido de conciencia e de unidade no conxunto da sociedade española que nunca debemos esquecer", e convidou o Pleno, "como representación de toda a sociedade que todos xuntos gardemos un minuto de silencio, un berro de silencio pola vida, pola liberdade e pola convivencia, como fixo a sociedade española hai 20 anos".
Xa nos corredores, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy sinalou que o secuestro e posterior asasinato do novo edil vasco supuxo "un antes e un despois" na loita contra o terrorismo.
E dixo que a sociedade "reaccionou moi ben" e Miguel Ángel converteuse en "un símbolo de defensa da vida, a liberdade e os seus dereitos".
Miguel Ángel Blanco tiña vinte e nove anos cando ETA secuestrouno o 10 de Xullo de 1997, corenta e oito horas despois apareceu ferido de morte con dous tiros na cabeza na localidade guipuscoana de Lasarte. Era o secuestro número 78 da banda terrorista ETA desde 1970, o número 10 dos secuestrados asasinados. O número 778 na macabra nómina de mortos da terrorífica organización.
Toda España sente a morte do vasco Miguel Ángel, sen dúbida os veciños de Ermua onde naceu o 13 de maio de 1968, e tamén especialmente os ourensáns.
Miguel era o maior dun matrimonio de traballadores, Consuelo Garrido e Miguel Blanco, que inmigraron facía trinta anos desde Galicia buscando traballo, coñecéronse e casaron en Ermua.
En Xunqueira de Espadañedo, naceu o seu pai e en Faramontaos, no concello de A Merca a súa nai. Era precisamente esta pequena parroquia das Terras de Celanova o lugar de veraneo da familia, e onde desde 2007, descansan os restos de Miguel Ángel tras unha década no cemiterio de Ermua.
O meu fondo respecto e recoñecemento a súa memoria.

http://www.fmiguelangelblanco.es/miguel-angel-blanco/su-vida/
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta