A
Asisto esta mañá en Madrid, a un almorzo informativo organizado por Nova Economía Fórum protagonizado polo portavoz do Goberno e ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo.
Fixo un repaso á actividade política do Goberno de Mariano Rajoy, destacando os avances en crecemento económico e creación de emprego.
Puxo en valor a estabilidade política alcanzada na presente lexislatura plasmada en importantes acordos con outras formacións políticas parlamentarias.
Falou tamén de Cataluña e da inviabilidade de que se poida celebrar un eventual referendo ilegal, do que dixo que "non foi convocado e só anunciado reiteradamente"
Proclamou o imperio da lei e mostrouse convencido de que os Mossos de Esquadra, como funcionarios que son cumprirán coa lei.
Dixo que o Goberno actuará con tranquilidade, fará cumprir as leis e quen non as respecte será sancionado.
Neste acto tamén respondeu con solvencia a preguntas sobre educación, deporte, política exterior, etc.